Notas de prensa

Presentado o programa Artes no Camiño organizado polo Xacobeo

As vilas dos Camiños Norte, Primitivo e Francés acollen en verán espectáculos de luthería, teatro, danza, contacontos, formación musical e actividade social.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Ãlvarez, o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar e mais o director artístico do proxecto Artes no Camiño, Pablo Mielgo, presentaron en Lugo o Encontro Musical con outras Artes arredor do Camiño de Santiago que patrocina a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Do 23 de xullo ao 24 de agosto de 2007 unha ducia de vilas e cidades lucenses polas que discorren as rutas de peregrinación cara Compostela serán a sede de diversos encontros artísticos, cursos, festivais e actividades sociais. Lugo, Samos, Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Foz, Triacastela, Pedrafita, Lourenzá, Portomarín, Paradela e A Fonsagrada acollerán as actividades culturais organizadas por Artes no Camiño.

As actividades que se inclúen neste programa presentado divídense en catro grandes áreas: Cursos, Festival das Artes, Actividade Social e Festival da Mocidade. Na área de Cursos os alumnos inscritos poderán afondar no coñecemento do Canto Gregoriano da man de J.C. Asensio; da luthería a cargo de Antonio Franco e Germán Arias; da orquestra da man de David Quiggle, do violín e da viola a cargo de Elsa Ferrer; do violonchelo da man de Carlos G.Amigo; Alfonso Morán instruirá sobre o contrabaixo e Charo Pita sobre a arte de contar contos. Juan Moredo impartirá o obradoiro de danza e Fernando Dacosta o de Teatro. Imelda Ferrer e Chus Mondelo encargaranse das artes plásticas.

Todas as actividades son gratuítas

No Festival das Artes, que será gratuíto para todos aqueles que desexen asistir aos concertos e espectáculos que se programan durante todo o mes nas devanditas vilas, escoitaranse voces coma a das sopranos Bárbara Hendricks ou Gemma Bertagnolli ou os poemas de Lino Braxe ou Antón Fortes. Agrupacións como Sarabela Teatro, Disque Danza ou a Capela Compostelana son algúns dos reclamos do encontro internacional. No Festival da Mocidade participarán, entre outras, a Nova Orquestra Galega das Artes, No Camiño Teatro Novo, Academia bandArt ou o Trío Morelia. Anade e Nadia Adame centralizarán a actividade social.

A iniciativa deste Encontro Musical con outras Artes arredor do Camiño de Santiago está patrocinada integramente pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e conta coa colaboración dos Concellos nos que se celebran os diferentes eventos. O custo total de Artes no Camiño achégase aos 300.000 euros. A dirección artística do proxecto corre a cargo de Canco López e Pablo Mielgo e a dirección técnica é un traballo de Elsa Ferrer. Serxio Pazos está á fronte da coordinación de teatro e J.Carlos Zahera coordina a danza. Vicente Galaso é o director da Ãrea Social.

Preto de 450 persoas traballan nesta iniciativa para que a programación cultural estival das diferentes vilas da provincia de Lugo se vexa incrementada. A primeira sede do encontro será a cidade de Lugo. A igrexa de San Pedro acolle o sábado 7 de abril ás 19.00 horas un concerto-acto de presentación a cargo da Orquestra Pressjovem e do coro de Ars Combinatoria que intepretarán a Sinfonía concertante K297b e o Réquiem K626 de W.A. Mozart. A entrada a este concerto dirixido por Pablo Mielgo é de balde.

Todos os interesados en asistir aos espectáculos e concertos e en participar nos diferentes talleres poderán obter información en www.xacobeo.es e mais na páxina de Artes no Camiño: www.artesnocamiño.com.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-04-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES