
A ConsellerÃa de Traballo e o grupo Vegalsa-Eroski desenvolverán actividades en conxunto coa finalidade de formar profesionalmente aos emigrantes galegos nos paÃses de Arxentina e Uruguai que teñan vontade de retornar a Galicia. O conselleiro de Traballo anunciou este compromiso durante a sinatura dun protocolo de colaboración entre a ConsellerÃa e Vegalsa-Eroski en materia de formación e emprego para fomentar a inserción laboral de mulleres en sectores nos que se atopan subrepresentadas, asà como de persoas en risco de exclusión social.
O protocolo de colaboración foi asinado polo conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o director xeral de Vegalsa, JoaquÃn González, e a adxunta á presidencia do grupo Eroski, Leire Baraño.
Ricardo Varela salientou que no protocolo asinado establécense actividades de formación no sector do téxtil e da confección, que inicialmente se desenvolverán en Arxentina e logo en Uruguai. “A finalidade é formar aos emigrantes galegos ou aos seus descendentes e incorporalos ás plataformas loxÃsticas do grupo Vegalsa-Eroski”, afirmou Varela.
A modo de exemplo, indicou que na comarca de Ordes está deseñada unha actuación para que as mulleres que proveñan do sector téxtil teñan unha nova ocupación na plataforma loxÃstica de Vegalsa en Sigüeiro (Oroso). “Esta acción dá resposta á necesidade de incorporar mulleres naquelas profesións masculinizadas”, declarou Varela.
O conselleiro de Traballo recordou que, durante a súa viaxe institucional a Arxentina, asinou un memorando co ministro de Traballo do paÃs austral, Carlos Tomada, para facilitar a inscrición dos emigrantes galegos con vontade de regreso no Servizo Público de Emprego de Galicia. Deste xeito, ofreceráselles a posibilidade de acceder a accións formativas no paÃs no que residen, antes de regresar a Galicia “cun posto de traballo garantido”, destacou.
Sinalou que no acordo Obxectivos e medidas de emprego, froito do Diálogo Social asinado pasado mes de febreiro, unha das medidas cara os sectores en reconversión é a promoción da mobilidade profesional, co fin de responder aos cambios sobrevidos no mercado laboral.
Creación de novos empregos
O responsable das polÃticas de emprego da Xunta afirmou que coa posta en marcha deste protocolo de colaboración, Vegalsa-Eroski prevé para o ano 2007 a creación de 250 novos empregos, ademais dun incremento de 300 traballadores con contrato indefinido. Dentro do capÃtulo de responsabilidade social, incorporaranse dez traballadores con discapacidade social, o que supón, o dobre dos que se lle esixe por lei, e cinco mulleres vÃtimas de violencia de xénero.
O conselleiro de Traballo puxo como exemplo de boas prácticas a Vegalsa-Eroski, empresa á que cualificou como “un grupo no que os compromisos sociais, a igualdade e a responsabilidade social son unha realidade”. “As cifras amosan esta realidade, xa que as mulleres representan o 75,2% do seu cadro de persoal, o 73% dos postos de responsables están ocupados por mulleres e ten unha taxa de estabilidade do 78,5%”, xustificou.
Ricardo Varela mostrouse satisfeito ante a sinatura do segundo protocolo de colaboración “por dobre motivo”. En primeiro lugar, porque considera moi positivas as actuacións realizadas ao longo do primeiro protocolo. En segundo lugar destacou que, esta liña de colaboración permite “visualizar que o modelo de empresa responsable e competitiva que estamos a propugnar é absolutamente viable”.
Os resultados da colaboración de 2006
O responsable de Traballo apuntou que o protocolo de colaboración asinado en 2006 “estableceu unha importante e fluÃda liña de colaboración entre a ConsellerÃa e Vegalsa”. Recordou que os obxectivos do protocolo eran “a creación de máis emprego e de emprego estable”, asà como a incorporación de persoas pertencentes aos colectivos con máis dificultades de inserción laboral.
à través da posta en marcha desta actuación, “Vegalsa-Eroski incrementou o seu cadro de persoal en 322 traballadores”. “Deste total, o 12% procedÃan de cursos con compromiso de contratación financiados pola ConsellerÃa de Traballo”, apuntou Varela.
Asà mesmo, a contratación indefinida de Vegalsa-Eroski aumentou en 636 traballadores, dos que 309 foron incentivados pola ConsellerÃa de Traballo. Por outra banda, o 62% dos alumnos que remataron os cursos incorporáronse á empresa a través dun contrato indefinido, “tal e como estaba previsto no protocolo asinado en 2006”, concluÃu o conselleiro de Traballo.
O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüÃsticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxÃas activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxÃas da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de ArtesanÃa 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor MartÃnez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornerÃa de madeira, resultou gañador na categorÃa Produto e a Fundación ArtesanÃa de Galicia obtivo o recoñecemento na categorÃa Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'ArtesanÃa no Prato'.