Notas de prensa

Arrancan novas políticas para o deporte feminino

A secretaria xeral de Igualdade asistiu clausurou unha xornada que reuniu a máis de 50 mulleres vencelladas directamente ao mundo do deporte en Galicia.

“Esta xornada debe ser, fundamentalmente, un punto de arranque para unha nova realidade do deporte feminino”. Con esta frase, Carme Adán pechaba a xornada Deporte e Muller que a Dirección Xeral para o Deporte, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, concentrou na Casa do Deporte de Vigo a máis de medio cento de mulleres do mundo do deporte: deportistas en activo e xa retiradas, árbitros, xuíces, psicólogas e xornalistas deportivas, e outras profesionais do ámbito deportivo puxeron de manifesto cal é a realidade e cales as principais dificultades coas que se atopan as mulleres para a práctica deportiva.

Ao acto de clausura asistiron a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, e as delegadas da Consellería de Cultura e Deporte en Pontevedra e A Coruña, Marta Souto e Milagros Lantes, respectivamente. Durante a súa intervención, Carme Adán insistiu en que “as políticas de igualdade deben ser transversais no deseño das políticas públicas, de xeito que se traballe dende esa óptica en todos os departamentos”. Carme Adán destacou que “as mulleres viven as micro e as macro desigualdades en solitario, e o deporte non é alleo a esta realidade; non obstante, a celebración desta xornada é un bo punto de arranque para mellorar”.

A delegada da Consellería de Cultura e Deporte en Pontevedra, Marta Souto, resumiu a filosofía do traballo desenvolvido hoxe como “o primeiro paso dunha andaina que acabe coa disxuntiva muller ou deporte, e que o convirta no binomio muller e deporte”.

Nas catro mesas de traballo que se estableceron repetíronse algunhas destacadas conclusións, aínda que en todas elas se insistía na necesidade de rachar con estereotipos a través da educación, formal e non formal, e que abrangue dende as ilustracións das mulleres e nenas deportistas nos medios de comunicación e na prensa, ata o recoñecemento dos postos que desempeñan nas entidades deportivas. Tamén nestes foros de traballo, destacouse a importancia de imprimir á xestión deportiva unha necesaria perspectiva feminina, para que o deporte feminino deixe de ser, como é en moitos casos, un reclamo máis para investir no deporte feminino.

Por outra banda, deportistas, xornalistas, adestradoras e moitas outras participantes nesta xornada insistiron no dobre papel da muller no deporte, en tanto que, en moitas ocasión, as mulleres que escollen o deporte, deben investir nel todo o seu tempo de lecer. A este respecto, Carme Adán lembrou que “a desigualdade das mulleres do deporte non deixa de ser unha experiencia colectiva, aínda que solitaria, mais agora chegou o tempo no que as institucións públicas nos comprometemos cunha nova realidade, a do deporte, para que o papel desenvolvido polas mulleres deixe de ser invisible”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2007-03-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES