
A alta calidade dos documentais que entraron a concurso na terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, é un dos aspectos destacados polo xurado deste ano integrado por Goran Radovanovic, Dominique Abel, Ana Isabel Santos Strindberg, Sebastián Talavera Serrano e Pepe Coira, quen exerceu de presidente do mesmo.
O documental The motherss house de François Verster foi o gañador na categoría de Longametraxes pola sutil mirada coa que observa, até conmovernos, unha historia complexa, inzada de ira, odio e tenrura sinala o xurado. O premio está dotado con 3.000 e o trofeo de Play-Doc obra do tudense Juan Vázquez. Nesta categoría o xurado concedeu tamén dúas mencións especiais a An ordinary family de Fredik Gertten por abordar un fénomeno clave: a desaparición da clase media e a Sisters in law de Kim Longinoto e Florence Ayisi polo valor de dar a coñecer un primeiro paso, que era tan urxente de tomar, polo que unhas mulleres acadan a autoridade de xulgar.
En Curtametraxes o xurado concedeu o premio ex-aequo a A girl named Kai de Kai Ling Xue e a I want to be a pilot de Diego Quemada-Díez por saber usar o cine para facer que as dificultades dos outros non nos sexan alleas. Recibirán cada unha 500 e o trofeo Play-Doc.
En Atlántico, onde compiten producións galegas e portuguesas, o premio de 2 mil e trofeo foise para Ainda ha pastores? de Jorge Pelícano ao considerar o xurado que é unha película feita dende o corazón e que gardará memoria dun mundo que desaparece.
O xurado do festival quixo amais expresar o seu recoñecemento a Play-Doc polo grao de profesionalidade e compromiso que se atopa no equipo organizador do festival, engadindo que eles son responsables do singular ambiente que aquí se respira e que din se resume en que o auténtico protagonista do evento é o público.
No acto de entrega de Premios, celebrado esta tarde no Teatro Municipal de Tui, tamén se outorgaron outros tres galardóns.
O Consorcio Audiovisual de Galicia concedeu a Bs.As de Alberte Pagán o premio Foco Galicia para documentais galegos dotado con 2 mil euros.
O Premio Especial TVG consistente no compromiso de compra por parte da Televisión de Galicia dos dereitos de emisión recaiu en Sisters in law .
E por último premio Play Avid Doc no que competiron cinco equipos que grabaron durante o festival un documental sobre a fronteira, foise para os irmáns Joaquín e Lautaro Mateo Morales. Play-Doc e Avid POR Historias de la línea azul.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.