
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, avanzou que as reunións mantidas con empresarios e emprendedores de orixe galega radicados en países latinoamericanos deron como resultado a proposta de 48 proxectos empresariais que suman un investimento superior aos 160 millóns de euros. Trátaxe de iniciativas de distintos paises e sectores alimentación, enerxías renovables, turismo, téxtil e tecnolóxico- que amosan, segundo explicou, o interese en particpar e promover a colaboración dos galegos que residen dentro e fóra de Galicia. Temos detectado en certos empresarios unha inquietude, unha ventana de oportunidade, para que as segundas e terceiras xeracións de galegos podan acercarse a Galicia, explicou o conselleiro. Fernández Antonio, que mantivo durante a xornada entrevistas de traballo con empresarios e asociacións de Brasil, Arxentina, Uruguai, Venezuela e México, destacou o feito de que existen vínculos dos que poden nacer novas oportunidades de investimento e negocios; a búsqueda de financiamento conxunto; e a capacidade de integrar nesta dinámica os instrumentos da Administración como o Igape, no ámbito das axudas, e Xesgalicia, no ámbito do capital risco.
Na liña de identificar novas oportunidades de negocio, o conselleiro destacou cinco áreas principales. En primeiro lugar, a dos canales de distribución para produtos galegos en latinoamérica. Relacionado con ésta, a oportunidade para empresas de distribución pertencentes a galegos nestes países de incrementar o seu negocio. En terceiro lugar, Fernández Antonio subliñou a identificación de posibilidades de investimento conxunto. En cuarto lugar, o potencial de Galicia como destino e porta de entrada en Europa para os empresarios galegos ubicados en latinoamérica. E en quinto lugar, o incentivo para o investimento en Galicia buscando contrapartes de uno e outro lado do Atlántico.
Rede Mundial de Empresarios e Profesionais de Orixe Galega
Fernández Antonio lembrou a posta en marcha, hai agora un ano, do proxecto de impulsar a web da Rede Mundial de Empresarios e Profesionais de Orixe Galega que hoxe conta con perto de 150 empresarios e un centenar de profesionais intercambiando información e contactos a través da Rede. Trátase de consolidar esta rede de negocios mediante a incorporación de máis datos a súa base, explicou. En definitiva, engadiu, trátase de buscar, fomentar e consolidar fórmulas de comunicación, de creación de redes de negocio, de contrapartes para iniciativas empresariales e de búsqueda de financiación conxunta.
Dentro desa estratexia de impulso dos negocios co exterior, o conselleiro lembrou que tanto Igape como Xesgalicia están presentes na viaxe a través dos seus directores xerais, José Antonio Delgado Arce e Alvaro Álvarez Blázquez. Tanto a axencia de desenvolvemento como a xestora de capital risco, segundo explicou, consideran nos seus plans estratéxicos que a internacionalización da economía galega é un elemento chave para impulsar o crecemento e a competividade. Neste sentido, Fernández Antonio lembrou tamén que o Igape ten creado unha nova dirección de internacionalización baixo a dirección de Casto Varela Gesto.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.