Notas de prensa

1.500 mozos paticiparán na oitava edición de Xuventude Galicia Net

O encontro tecnolóxico celébrase no Palacio de Congreso e Exposicións de Santiago os días 30 e 31 de marzo, e o 1 de abril.

O encontro informático Xuventude Galiza Net, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude dependente da Vicepresidencia, reúne o último fin de semana de marzo en Compostela a máis de 1500 mozos. Así o anunciaron o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e a secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago. Cela destacou o tirón desta oitava edición do evento, para a que as inscricións se cubriron en menos dun minuto e cuxo portal de Internet ten recibido máis de 50.000 visitas. Cela tamén explicou á prensa as novidades da cita deste ano: entre os cambios máis destacados, este Xuventude Galiza Net terá coma unha das súas prioridades facilitar o uso das novas tecnoloxías ás persoas maiores, haberá presenza de responsables de recursos humanos de empresas vinculadas ás novas tecnoloxías e terá un peso específico os temas relacionados coa robótica.

Xuventude Galiza Net é un encontro informático que ten por obxectivo facer partícipes aos máis novos dos avances tecnolóxicos e fomentar as relacións entre os mozos interesados na informática, tanto profesionais como estudantes ou afeccionados, de xeito que poidan afondar nos seus coñecementos e amosar as súas inquedanzas e propostas sobre o mundo das novas tecnoloxías. Este encontro pretende tamén ser o marco no que os mozos poidan desenvolver e dar saída á súa creatividade en temas como programación, deseño gráfico, multimedia...

Rubén Cela e María Xesús Lago explicaron que nesta edición seguirase coa liña iniciada o ano pasado, de potenciación do software libre e do uso do galego, xa que se pretende que este encontro non sexa só unha grande concentración de mozos e mozas eminentemente lúdica, senón que xirará fundamentalmente arredor de tres alicerces: xuventude, galego e novas tecnoloxías.

Segundo Cela, o esforzo que o seu departamento está a realizar para a normalización do idioma entre a xuventude ten aquí “unha ocasión de ouro para vencellar o galego á mocidade e ao ámbito vangardista das novas tecnoloxías”. Nesta liña, xiran algunhas das actividades programadas no marco do Xuventude Galiza Net, como a proxección en galego e de balde o sábado 31 de marzo, da película, Pérez: o ratiño dos teus soños. Ademais potenciarase o software libre a través de conferencias e obradoiros de Linux coa colaboración de asociacións xuvenís.

A secretaria xeral de Benestar, María Xesús Lago, sinalou que nesta edición seguirase tamén coa liña de actuación iniciada no ano anterior de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías ás persoas con algunha discapacidade. Lago sinalou que dende o seu departamento “perséguese que a sociedade da información non sexa un motivo de exclusión para ninguén, senón todo o contrario, unha oportunidade para a integración e a cohesión social”. Neste senso, Lago explicou que cen maiores que participan na ciberaulas que funcionan nos fogares de maiores e nos centros sociais, van asistir ao congreso e van ter a oportunidade de intercambiar experiencias cos mozos.

Novidades desta edición

Unha das principais novidades desta edición do Xuventude Galiza Net é que haberá un espazo dedicado ás persoas maiores, que poderán acceder ao mundo das novas tecnoloxías a través de actividades específicas deseñadas especialmente para eles.

Tamén haberá presenza no Xuventude Galiza Net de responsables de recursos humanos de empresas vinculadas ás novas tecnoloxías co fin de que os participantes poidan presentar os seus currículos e acceder ao mundo laboral. Cela destacou como outra das novidades importantes deste encontro, a temática relacionada coa robótica. Neste senso, sinalou que se contará con dous robots móbiles da Universidade de Vigo, que farán demostracións no marco do encontro. Ademais organizarase unha conferencia sobre A robótica presente e novos horizontes.

Segundo Cela, tamén se disporá en primicia da consola Playstation 3, que sae á venda o día 23 de marzo. Ademais triplicarase o ancho de banda do ano anterior,contando cunha rede interna de 1 xigabit e a compañía galega Blu:Sens amosará a súa nova plataforma Blue:Generation, presentada en xaneiro en Las Vegas. Organizaranse máis de 40 concursos entre os que destacan o real time battle, o case-mod, gráficos en 3D e animación, ademais de actividades lúdicas e software específico para nenos, ciencia divertida e simuladores de escalada, golf e ski.

Na parte formativa do evento haberá conferencias relativas a rootkits, solucións de seguridade para paliar os efectos dos últimos modelos de virus, a fonera por dentro, sobre as diferencias entre os sistemas de almacenamento Hddvd e Bleuray, sobre o desenvolvemento de xogos con Direct X/XNA, a cargo de Microsoft.

O Xuventude Galiza Net desenvolverase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela dende primeira hora da tarde do venres 30 de marzo ata o domingo 1 de abril.

Existen dous xeitos de participar neste evento. Os mozos de entre 16 e 30 anos que se inscribiron a través da páxina web poderán acceder á intranet do evento que estará situada no vestíbulo B do Palacio de Congresos e Exposición. Os ordenadores dos participantes estarán conectados por máis de 40.000 metros de cable, a unha velocidade de 1.000 megabites por segundo. Ademais poderán participar en actividades lúdicas, creativas, concursos, conferencias e talleres, que xirarán ao redor da actualidade informática. Haberá tamén acceso libre, de balde e aberto á extranet. Estará situado no vestíbulo A do Palacio de Congresos, onde se atoparán os stands da Dirección Xeral de Xuventude, das empresas patrocinadores e os postos onde poderán probar as consolas máis punteiras do mercado e participar en moitas outras actividades lúdicas. Ademais os asistentes que se acheguen á extranet poden participar en diversos concursos, asistir a todas as conferencias e demais actividades que se programen.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, 2007-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (parque-eolico-zas.jpg) A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego así como, coa mesma potencia, incrementar un 35 % a produción de enerxía renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo así co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.
Foto de la tercera plana (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026. O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da política de cohesión descentralizado e o rexeitamento ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro, postura baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos destinados á cohesión.

Notas

Poucas figuras teñen deixado tanta pegada no imaxinario colectivo galego como a de Isaac Díaz Pardo (1920-2012). As súas múltiples facetas como deseñador, ceramista, pintor, empresario e intelectual convertérono nun emblema da identidade cultural galega. Precisamente neste 2025, no que se lle dedica o Día das Artes Galegas, a Universidade de Vigo quere renderlle homenaxe e contribuír a difundir o seu traballo e legado. Para facelo, este venres inaugurouse a mostra Isaac Díaz Pardo.
A Alameda de Santiago será esta fin de semana o escenario de Compos(tech)la, un dos múltiples eventos do proxecto Santiago en Vivo para fortalecer o tecido empresarial e dinamizar a economía. A feira tecnolóxica contará co protagonismo da Universidade de Santiago, que levará durante o sábado e o domingo ao parque compostelán algúns dos seus centros de investigación e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES