
A trinta edición do Trofeo de Campo a Través de San Miguel de Oia, que se celebra o día 18 de marzo no parque forestal de San Miguel de Oia, ten como obxectivo conseguir xuntar a máis de 1.200 participantes entre todas as categorías.
Tivo lugar o acto de presentación do trofeo, ao que asistiu o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira; o presidente da Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, Gilberto Costas, e a concelleira de Distritos, Marisol Polo.
No transcurso da rolda de prensa, o director xeral destacou que o obxectivo fundamental desta proba é fomentar a participación e desta forma a práctica deportiva polo que é a nosa obriga estar ao lado dos organizadores. O atletismo, o deporte rei, é sinónimo de sacrificio, de esforzo, tanto dos deportistas como dos clubs e por iso estamos encantados de poder traballar en colaboración coa Sociedad Atletismo San Miguel de Oia, que leva moitos anos demostrando a súa valía.
Pola súa parte, Costas agradeceu o apoio da Dirección Xeral para o Deporte, dende o momento no que lle presentamos a memoria do proxecto, apostaron por nós de forma decidida.
As carreiras comezarán ás 10 da mañá coa proba alevín masculino e a última saída terá lugar as 13.25 horas coa disputa da proba de pitufos feminino (125 metros). A carreira popular, na que se espera unha importante participación terá lugar ás 12.15 horas e será sobre un percorrido de 7.770 metros (4 voltas no circuíto). Haberá atletas de toda Galiza e Portugal, ademais de deportistas procedentes de Asturias, Castilla e León, País Vasco e outras comunidades.
Nesta trinta edición o obxectivo dos organizadores é lograr un éxito de participación. Fai dous anos contaron con 1.100 atletas inscritos, pero o ano pasado descendeu de forma importante, así que para a presente edición confían en lograr entre 1.200 e 1.500 persoas e haberá multitude de premios e regalos para os participantes: Imos dar máis de trescentos regalos e haberá 1.200 medallas para todos os participantes, rematen ou non a carreira, indicou Gilberto Costas. Ata agora xa contan con un importante número de confirmacións que continuarán ata o día da proba. Por último, o presidente do club organizador agradeceu a colaboración dos veciños e veciñas de San Miguel que acollerá aos participantes de 5 a 15 anos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.