Notas de prensa

A Selección Galicia Xove participa na Vilagarcía Basket Cup

A duodécima edición deste torneo dará un salto cualitativo ao celebrarse no recinto feiral de Fexdega. Participan máis de 1.200 rapaces galegos.

A selección “Galicia Xove”, formada polos mellores mozos baloncestistas do país galego, participa por primeira vez na Vilagarcía Basket Cup que este ano se celebra no Recinto Feiral de Fexdega os días 5, 6 e 7 de abril.

Tivo lugar a rolda de prensa de presentación do torneo de base, acto no que estivo presente o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira; o director da Vilagarcía Basket Cup, Alberto Blanco, o seleccionador Aniceto Fernández, a delegada da Federación Galega de Baloncesto en Arousa, Cristina Tarrío e o xerente da Fundación Fexdega, Francisco Rodríguez.

Santiago Domínguez destacou que a participación do equipo galego no torneo lles permite “competir con grandes equipo sub 20 e coas futuras estrelas a nivel estatal”. É a primeira vez que Galiza está representada neste torneo e farao cun equipo formado por mozas e mozos xogadores da nosa terra que actualmente militan na ACB e nas ligas Adecco LEB e EBA.

Este prestixioso campionato internacional sub 20 ten previsto varias novidades na duodécima edición, na que a máis importante é o cambio do recinto, xa que o Pavillón de Fontecarmona quedábase pequeno, polo que se decidiu arriscar e celebralo en Fexdega, que pode acoller a unhas dez mil persoas. En total serán 11.000 metros cadrados dedicados ao baloncesto, o deporte e o ocio.

Basket Cup de base Fundación Deporte Galego”. Esta novidade permite ademais dar un salto cualitativo coa celebración da “Vilagarcía Basket Cup Base Fundación Deporte Galego”, no que participarán máis de 1.200 rapaces e rapazas e que será patrocinada pola Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, nesa aposta polo deporte de base. No recinto feiral de Fexdega acondicionaranse tres canchas de goma, ademais da cancha principal de parket para o torneo oficial, para que preto de 100 equipos de todo o país galego (máis de 1.200 nenos e nenas) poidan gozar dun torneo que ten como obxectivos mellorar a convivencia e a xeración de bos hábitos por riba do apartado competitivo. Serán 90 equipos encadrados en seis grupos durante tres días de competición. Haberá equipos de toda Galiza, dende a zona de Lugo (Sarria), a Ourense, da Mariña Ferrolá, Santiago, A Coruña, Vigo, Carballo, Pontevedra, Marín, O Grove, Cambados, Vilagarcía, Culleredo....

O torneo de base celebrarase de forma paralela á Vilagarcía Basket Cup, dende as 10 ata as 17 horas de forma ininterrompida, co obxectivo de dar as últimas horas do día para que os pequenos e pequenas podan ver o torneo maior ou aproveitar a zona lúdica que se vai montar no recinto feiral de Fexdega. Con respecto ao torneo de base, Santiago Domínguez manifestou que “para a Dirección Xeral os grandes eventos teñen que servir para para dous obxectivos: promocionar o noso deporte e tirar da base, e no caso da Basket Cup se cumpre e por iso queremos apostar polo torneo de base”.

Participantes. O Vilagarcía Basket Cup alcanza o seu duodécimo aniversario no mellor momento da súa historia despois de recibir o premio Galicia Deporte 2005, como mellor evento deportivo do ano, que foi acollido con gran satisfacción por parte do club organizador, o Club Baloncesto Vilagarcía. E para seguir avanzando nesta liña ascendente, a organización pechou un cartel de equipos moi destacados. Nestes momentos está confirmada a presenza de catro equipos internacionais de alto nivel como o Zalgiris Kaunas (que ten catro títulos deste torneo, en seis participacións), a Cibona de Zagreb (un título), o Dodan Warriors Nigeria (primeira vez que acude un equipo africano) e a selección “Galicia Xove”. Ademais, a nivel estatal acoden ao torneo o Real Madrid( un título), Barcelona (un título), Unicaja de Málaga (un título) e Dunas Gran Canaria (primeira participación).

Durante estes once anos de historia, por Vilagarcía pasaron equipos de Estados Unidos, Croacia, Serbia, Bosnia, Grecia, Alemaña, Lituania, Rusia, Francia, Italia, Venezuela, e España.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2007-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES