Notas de prensa

A Asociación Xuvenil Unión Galeguista organiza un Café Con Xesús Alonso Montero

Celébrase o martes 29 de abril no Airas Núnes de Santiago para que tódolos asistentes poidamos dialogar con este escritor, filólogo e membro da Real Academia Galega sobre todos aqueles temas que se desexen.

¿Quen é Alonso Montero?
Ensaísta e polígrafo. Pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural trala guerra civil. Desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións. Viviu a infancia e a adolescencia na terra de seus pais —Ventosela, Ribeira do Miño—. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid con Premio Extraordinario, foi Catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio exercendo en Palencia, Lugo e Valencia. Militante do Partido Comunista desde 1962, foi represaliado en distintas ocasións por mor das súas actividades políticas chegando a ser trasladado no curso 1975-76 ó instituto de Montilla (Córdoba). En 1966 doutórase en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez e foi profesor titular de Literatura Española no Colexio Universitario de Vigo. Na actualidade é catedrático de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Real Academia Galega, leu o seu discurso de ingreso no ano 1993 co título: Manifestos en favor da poesía civil nos primeiros tempos da posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-962) (1993). Ademais, pertenceu ao Consello da Cultura Galega.
¿Que é un Café con?
É unha conversa que pretende dar un paso máis e evita-la frialdade dos salóns de actos e grandes aulas, para así poder falar amigablemente cos protagonistas da nosa historia presente.

¿Que é a Unión Galeguista?
A Unión Galeguista é unha Asociación Xuvenil que quere traballar por Galicia, pola total normalización do noso idioma e todo o que significa o galeguismo, é dicir, a defensa e mellora dos aspectos políticos, sociais e culturais que constitúen a identidade nacional de Galicia.

Unión Galeguista, 2003-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES