Notas de prensa

Constituída a comisión de seguemento do Acordo polo Emprego

É un órgano tripartito de desenvolvemento, difusión e avaliación das medidas acordadas e recollidas no pacto ‘Obxectivos e medidas de emprego de Galicia’.

Representantes da Consellería de Traballo, dos sindicatos CCOO de Galicia e UGT-Galicia, e da Confederación de Empresarios de Galicia mantiveron unha reunión pola que foi constituída a Comisión de Seguimento do Acordo polo Emprego. Este documento, integrado por nove pactos, foi asinado o pasado 5 de febreiro en virtude do traballo desenvolvido polas mesas 1 e 2 do Diálogo Social posto en marcha pola Xunta de Galicia en novembro de 2005.

En representación da Consellería de Traballo asistiron a esta primeira xuntanza o director xeral de Promoción do Emprego, Álvaro Ansias, o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, e a directora xeral de Relacións Laborais, Pilar Cancela. No transcurso da reunión, e segundo o acordado no pacto Obxectivos e Medidas de Emprego de Galicia, os directores xerais presentaron un documento de planificación das liñas de actuación da Consellería para o presente ano.

Este documento, coas modificacións pertinentes por parte da Comisión de Seguimento, servirá de documento de planificación para o Comité Autonómico de Emprego, órgano no que están representados administración, patroal e os sindicatos UGT, CCOO e CIG.

Así pois, e tras facer unha análise da evolución do paro en 2006 por tramos de idade para comprobar a consecución dos compromisos acordados, os directores xerais de Traballo espuxeron aos axentes económicos e sociais as actuacións previstas para o presente ano.

Posta en común das actuacións previstas

No ámbito do Servizo Público de Emprego (SPE) serán xeralizados os itinerarios de inserción, poranse en funcionamento catro experiencias piloto de pactos territoriais de emprego (concretamente na Costa da Morte, O Salnés, Lugo e Valdeorras), modificarase o papel dos centros colaboradores do SPE, homologaranse centros de comprobación da profesionalidade, porase en funcionamento o Portal de Emprego, e crearase e porase en funcionamento a Fundación Galega da Formación para o Traballo.

Polo que respecta aos programas de fomento do emprego, a principal novidade é a extensión dos pactos sectoriais de estabilidade a todas aquelas empresas que teñan un convenio sectorial de ámbito estatal, de Galicia ou provincial. Esta ampliación permitirá dar un paso mais na loita pola calidade do emprego. Outra novidade é o cambio na taxa de estabilidade esixida para a concesión de incentivos á contratación de determinados colectivos. Esta taxa foi establecida en 2006 nun 70%, cifra que se elevará este ano ao 72,5%.

Asé mesmo manteranse os programas que según a avaliación realizada, tiveron uns resultados positivos cara a inserción laboral dos colectivos con mais dificultades de inserción: particularmente os programas de inserción de mozos e mozas, mulleres, colectivos en risco de exclusión social, parados de longa duración, maiores de 45 anos e demandantes procedentes de empresas en crise.



Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2007-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES