
O Observatorio dos Medios (OM) do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CXPG) organiza o seu cuarto Foro Internacional, nesta ocasión so o nome Comunicación e Persoas Maiores. O foro ten xa en andamento unha parte virtual, que
deu comezo o pasado luns 12 de febreiro e se desenvolve na páxina web do Observatorio (www.observatoriodosmedios.org) até o 14 de abril. Na mañá desa data celebrarase unha xornada presencial no Liceo de Ourense, coa posibilidade de participar en calquera das dúas de maneira gratuíta. Nestes días, unha ducia de comunicacións vindas de todo o mundo teñense subido aos foros virtuais.
A base deste foro, como do resto dos organizados polo Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social do Observatorio, é pór en contacto as experiencias, opinións e puntos de vista dos sectores académico, profesional do xornalismo e das asociacións, na busca dun xornalismo máis ético e social. Por este motivo, o Observatorio dos Medios fai un chamamento a toda a cidadanía para participaren tanto do encontro virtual (enviando textos ou intervindo nos debates que terán lugar na rede) como da xornada presencial.
Un grupo esquecido, mais cada vez máis amplo
Actualmente, e principalmente debido ao continuo ascenso que presenta a esperanza de vida, a terceira idade ven tomando un espazo cada vez maior, sexa como axente ou como obxecto dos máis diversos ámbitos sociais. Hoxe vivimos un rescate da maior idade apreciado tamén nos medios-, considerado desde a pasaxe da sociedade para unha fase posindustrial, na que a ciencia ofrece condicións de optimizar o organismo e que permite facer dos máis vellos un novo grupo e cada vez máis influente- de mercado.
Este grupo, non obstante, aparece transfigurado polos patróns do novo (impostos para e pola adolescencia, pero extensíbel á terceira idade), que acaban por condicionar a persoa maior como aquela que debe sentirse e vivir dentro do posíbel coma adolescente. É dicir, actualmente, a prevalencia da xuventude coma un valor maior destaca un aspecto da subxectividade contemporánea na cal o envellecemento equivale a unha perda a ser evitada.
É neste sentido que o Foro Internacional sobre Comunicación e Terceira Idade debe servir de espazo para levantar, discutir e proporcionar novos cuestionamentos, novas solucións e, sobre todo, novas perspectivas para esta temática.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.