
Celébrase o I Enduro Concello de Becerreá: Campeonato de España de Enduro 2007. A segunda proba do Campeonato de España de Enduro ten lugar os días 31 de marzo e 1 de abril de 2007 no concello de Becerreá (Lugo).
Este evento, organizado por Motoclub Sprint, traerá ó pobo máis de trescentas persoas entre pilotos, navegantes e equipos oficiais. Contaremos coa presencia do actual bicampeón do mundo de enduro, Iván Cervantes, así como outros grandes pilotos que participaron en probas tan emblemática como o Rallye Paris-Dakar. Tamén participarán na proba os pilotos locais Rubén Vázquez, Álvaro Becerra, Saúl Vázquez e Enrique Vega (O Cádavo), que tras acadar bos resultados no Campeonato Galego de Enduro este ano decidiron dar o salto ó campeonato nacional.
Dicir, tamén, que o equipo de rallye local Torrados Racing Becerreá volverá participar esta tempada no Campeonato Galego de Rallyes dentro da copa de promoción Driver-Center de Galicia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.