Notas de prensa

Galiciadigital.com supera en febreiro as 22.200 visitas/día

O 21 de febreiro, concretamente, visitaron Galiciadigital 22.205 persoas. A plataforma galega en Internet medra un 24'51% en 2007.

Galiciadigital.com supera en febreiro as 22.200 visitas. Concretamente, o 21 de febreiro visitaron este portal un total de 22.205 internautas. A media de visitas diarias rexistradas neste mes foi de 17.180, o que implica un incremento do 24'51% en 2007.

Así, no mes de febreiro de 2007, a plataforma www.galiciadigital.com rexistrou un total de 481.365 visitas, cun total de 1.633.079 páxinas vistas.

O promedio de visitas de febreiro, 17.180 ó día, representa un incremento dun 10,81% sobre as 15.504 do mes de xaneiro, e un 95,20% sobre o mesmo mes do ano anterior.

Unido ó incremento do mes de xaneiro, esta plataforma en Internet incrementou as súas visitas nun 24,51% nos dous primeiros meses de 2007.

Galiciadigital.com, 2007-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES