Notas de prensa

Presentado o portal veciñal www.asociacions-vimianzo.org

Está desenvolvido polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo e xa están incorporadas 24 asociacións.

O venres,2 de marzo, presentouse no Centro de Dinamización de Asociacións de Cambeda o portal web de asociacións de Vimianzo:
www.asociacions-vimianzo.org.

Este proxecto está sendo desenvolvido polo Servizo de Emprego e
Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo e a técnica encargada é Lorena Cernadas Soto. A iniciativa está subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria.

No acto intervironJosé Antonio Miñones Riveiro, concelleiro de
Vimianzo;Iñaki Oleaga, presidente da Fundación Ecotec, encargada da elaboración da plataforma web;Guillermo Viña, representante da empresa Redox, que leva o tema da formación on-line e non presencial, e tamén estivo presente Luis Roget, da Academia Aproba, encargada da formación presencial.

Os representantes das asociacións recibiron información detallada de cada un dos apartados da web e tamén do proxecto no que se engloba. Cada asociación recibiu unha carpeta con documentación escrita, un CD que contén un curso de introducción á informática elaborado por REDOX e tamén un pen-drive para gardar toda a documentación que o proxecto está xenerando (contidos da web, direccións electrónicas, claves de acceso, plantillas para a xestión das asociacións, etc).

Ata o de agora introducíronse datos de 24 asociacións. As entidades interesadas no proxecto son as seguintes:
o Asociación San Mamed de Bamiro
o Asociación San Antolín de Baíñas
o Asociación de Empresarios e Comerciantes de Vimianzo
o Asociación A Rula
o Asociación de palilleiras As Nemanquiñas
o Cruz Vermella
o Cáritas
o Asociación Fray Diego
o Asociación San Xoan de Cambeda
o Asociación Monte Faro
o Asociación Cherincas
o Asociación Futbol Club Unión Vimianzo
o Asociaición Cultural Santiago Apóstol de Cereixo
o Asociación Neira Marcos de Salto
o APA San Vicenzo
o Asociación Os Campelos
o Asociación de Veciños de Castrelo
o Asociación O Castelo
o Sociedade de Pesca e Deportiva Neria
o Sociedade Deportiva de Tiro ó Plato de Vimianzo
o Asociación Sae
o Coral Polifónica Lusco e Fusco
o Asociación O Revoltixo
o Asociación de Veciños de Pasarela
o Asociación de Amas de Casa de Vimianzo

Ayuntamiento de Vimianzo, 2007-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES