Notas de prensa

El Corte Inglés Galicia inaugura a exposición de Arte Xove Galega

Trátase das obras presentadas ao II Certame de Pintura Arte Xove Galega, promovido por El Corte Inglés Galicia e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos.

O venres, 2 de marzo, ás 18:00 horas inaugúrase a exposición do Certame de Pintura "Arte Xoven Galega" na planta terceira de El Corte Inglés de A Coruña. Convocado a nivel Galicia pola Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) e Ámbito Cultural de El Corte Inglés Galicia, este certame é o froito do acordo de colaboración entre ámbalas dúas entidades que estendéronse a outras iniciativas de promoción das artes plásticas e da pintura na nosa Comunidade Autónoma.

A novidade deste ano é que a temática foi libre polo que a participación foi maior. Na primeira edición o tema pictórico a ter en conta foi "O Mundo do Mar" polas circunstancias da saída da Regata Volta o Mundo de Vela.

O xurado estivo formado por Xosé Vázquez Castro (Presidente de ARGA), Manuel Gandullo Nievas (Secretario de ARGA), Rafael Romero Masiá (Pintor e profesor ), Antón Sobral (Pintor e profesor en Bellas Artes de Pontevedra), Alfonso Costa Beiro (Pintor), Xulio López Valcarcel (Escritor e poeta) e José Manuel Blanco Aldariz (Director de RR.EE de El Corte Inglés en Galicia).

Entre as obras presentadas, o xurado quixo seleccionar 25 obras que unha vez catalogadas son as que agora compoñen a exposición que estará no centro de A Coruña ata o 22 de marzo.

El Corte Inglés, 2007-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES