Notas de prensa

O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz, entre os dez mellores libros de literatura xuvenil do mundo

É a primeira vez que un libro escrito en galego entra a formar parte desta selección que realiza anualmente o Banco del Libro de Venezuela.

O Banco del Libro de Venezuela -institución sen ánimo de lucro con prestixio internacional dedicada á elaboración de plans de fomento de lectura, estudos sobre prácticas lectoras e control de calidade do material elaborado para nenos e mozos en todo o mundo- acaba de facer pública a selección correspondente a 2006 na que, segundo o criterio dos seus lectores e asesores (entre os que se atopan editores, escritores, docentes e investigadores de distintas nacionalidade), se salienta a calidade de dez obra destinadas ao público xuvenil como as mellores do mundo.

Nesta selección, a Editorial Galaxia cábelle o orgullo de anunciar que un libro publicado dentro da colección Costa Oeste foi seleccionado entre esa decena de mellores publicacións para mozos. Trátase da novela O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz, anteriormente galardoada co IV Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña en 2002.

NotaXOSÉ ANTONIO NEIRA CRUZ (Compostela, 1968) é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía Italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán. Actualmente é responsable das coleccións infantil e xuvenil de Editorial Galaxia.


Máis información en:
http://www.bancodellibro.org.ve/portal/index.php?option=com_content&task=view&id=293&Itemid=188

Editorial Galaxia, 2007-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES