Notas de prensa

Presentado o libro Se algún día esta muller morta, de Miguel Sande

Editorial Galaxia da a coñecer a obra gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2006.

o Kiosko Alfonso, na Coruña, acolleu a presentación da obra gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2006: Se algún día esta muller morta, de Miguel Sande. NAo acto asisten Rafael Rubio, Director de Repsol YPF, Víctor F. Freixanes, Director Xeral de Editorial Galaxia, Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística, e Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, que acompañan ao autor na presentación da súa primeira novela.

O novo Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, do que se acaba de celebrar a primeira edición, foi para a novela curta Se algún día esta muller morta, de Miguel Sande. Nela cóntase, a través dun monólogo intenso e espido, a historia dunha muller maltratada. A narrativa breve volve ás librerías cun premio específico e cun título no que sentimentos, reflexión e forma narrativa serven de refuxio ás arelas dunha muller.

Despois de ir ao cinema, coma sempre soa, unha muller decátase de que acaba de ver a súa vida reflectida na pantalla. Miguel Sande explora a historia dunha muller que se nega a aceptar a morte dos sentimentos, a realidade dunha vida en ruínas.

”A que está no interior da cova, contra o final desta furna entre a humidade e a néboa, é unha muller morta. Eu. Son eu. E é verdade, estou morta”, deste xeito comeza a primeira obra literaria na que Miguel Sande aborda unha historia de ficción. A aventura persoal da protagonista da novela é, en palabras do autor, “a máis apaixonante de todas as aventuras, incluso para novelar”. O relato parte dunha situación de desesperanza levada ao límite, case que á loucura, e boa parte da historia está tamén na linguaxe: rota, coma a muller protagonista.

MIGUEL SANDE (Pastoriza, Arteixo, 1961) é escritor e xornalista. Como autor de teatro publicou as obras Á alba pide comigo vivir (1985), Ninguén chorou por nós (Premio Rafael Dieste, 1999) e 39 veces chao (2002). Estas tres pezas teatrais foron recollidas no volume Elas, que din. A súa obra poética inclúe Os poemas do deserto (1994) e Hoxe, que vén o vento do sur (2006). En prosa é autor de Cuba, doce e soturna (1994), un texto situado entre a ficción e o ensaio, próximo á literatura de viaxes.

Editorial Galaxia, 2007-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES