Notas de prensa

Continúan os obradoiros de sociolingüística no IES Francisco Aguiar

A Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística continúa cos obradoiros de sociolingüística para o alumnado do IES Francisco Aguiar.

A Concellería comezou a desenvolver o obradoiro de sociolingüística Máis alá de Lingua e Sociedade para o alumnado do IES Francisco Aguiar. Coa colaboración da dirección e do Equipo de Normalización Lingüística do centro e grazas ao labor da cooperativa compostelá Tagen Ata (que imparte o obradoiro), levarase a cabo un taller de actividades dinámicas para que o alumnado traballe dentro do horario escolar a situación da lingua galega desde unha perspectiva social.

Os obradoiros Máis alá son unha proposta de intervención lúdico-educativa nas aulas. Trátase dunha alternativa de innovación pedagóxica coa que se quere achegar a lingua galega aos adolescentes para fomentar o coñecemento e o respecto pola diversidade cultural e lingüística.

A Concellería desenvolveu xa este mesmo obradoiro ao longo do primeiro trimestre do curso 2006-07 no IES As Mariñas.

A concelleira de Normalización Lingüística, a nacionalista Concepción Valladares Vázquez, indicou que esta iniciativa de intervención social no ámbito da mocidade ten como obxectivo traballar as actitudes negativas que adopta habitualmente a xente nova e que se detallan na publicación da Real Academia Galega O galego segundo a mocidade (2003); esta publicación puxo de relevo que mocidade galega seguía asociando o galego co ruralismo, coa pobreza e coa incultura.





Concepción Valladares Vázquez (Concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística Concello de Betanzos), 2007-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES