Notas de prensa

Emigración activa axudas a entidades e consorcios locais para favorecer a integración

A asignación orzamentaria é de 500.000 euros e complementa unha anterior de contía semellante dirixida a impulsar oficinas de información.

A Secretaría Xeral de Emigración, coa fin de facilitar a incorporación e participación da poboación retornada e inmigrante nos distintos ámbitos da sociedade galega, contribuíndo á súa integración plena e a unha convivencia plural e diversa nunha sociedade multicultural, activou unha resolución de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida destes colectivos en Galicia durante o ano 2007.

A asignación orzamentaria desta resolución, que saíra publicada en breve no DOG, é de 500.000 euros, e complementa unha inmediatamente anterior, da mesma cifra, que permitiu asinar convenios de colaboración cos concellos de A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago e Pontevedra para a posta en marcha de programas integrais de atención, orientación e asesoramento a emigrantes retornados e inmigrantes.

O liña de subvencións actuará sobre aquelas accións referidas a programas do eixe de acollida que terán por obxecto a realización de proxectos que faciliten o acceso e a integración dos emigrantes retornados e inmigrantes na sociedade galega a través da creación servizos de información, orientación e acompañamento no eido xurídico, social e laboral e, de ser o caso, mediante a elaboración de itinerarios personalizados de inserción, creación de novas prazas de acollida temporal ou reforzo das existentes, a cobertura das súas necesidades básicas, ou xestión de clases de idiomas.

Estes programas ou accións poderán ser xestionados directamente polos concellos ou poden ser obxecto dunha xestión indirecta a través doutras entidades ou asociacións colaboradoras sen ánimo de lucro.

Gabinete de Comunicación da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia, 2007-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES