
A cidade de Vigo acolle os días 16 be 17 de marzo o Campionato de España de Grupos de Show, no que os clubs galegos intentan demostrar que son unha potencia nesta nova modalidade de patinaxe. Tivo lugar o acto de presentación do campionato ao que asistiron a delegada provincial da consellería de Cultura e Deporte, Marta Souto, a concelleira de Deportes do Concello de Vigo, Lucía Molares, Jorge Santos, en representación de Caixanova, e o vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe, Julio Sanz, ademais dos representantes do club Carpa, o organizador do evento.
No acto de presentación, o presidente do Carpa, Carlos Covelo, explicou que pediran a organización do torneo para poñer un broche de ouro á celebración do 25 aniversario do club. Neste senso, Marta Souto felicitou ao Carpa polo traballo destes 25 anos traballando con rapaces e rapazas galegas e animoulles a seguir nesa liña de actuación. Con respecto a esta modalidade de patinaxe, a delegada provincial manifestou que é un teatro sobre rodas, e esa conxunción é especialmente significativa para a nosa consellería de Cultura e Deporte. Estou segura de que nos van a deleitar coas súas coreografías, piruetas e saltos.
Galicia está moi ben representada neste campionato con seis actuacións entre as dúas modalidades: grupos pequenos (de 6 a 12 patinadores) e grandes (máis de 12). Nesta competición participarán máis de setecentos deportistas representando a 11 comunidades autónomas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.