Notas de prensa

Os centros de estudos galegos de Gales e Escocia promoven unha revista electrónica sobre o galego

Galicia 21 estará na rede o ano que vén con artigos de investigación sobre sociolingüística, historia cultural, tradución e outras disciplinas.

Os centros de estudos galegos de Bangor, en Gales, e Stirling, en Escocia, promoven a edición dunha nova revista electrónica sobre a lingua galega que vai estar dispoñible de balde na rede no ano 2008. Galicia 21: journal of contemporary galician studies é o nome desta nova publicación, destinada a achegar aproximacións multidisciplinares a temas de crecente e actual interese no eido dos estudos galegos. Será a única publicación dedicada exclusivamente a este ámbito de estudo nun país anglosaxón.

Os responsables desta iniciativa son os directores dos centros de estudos de Bangor, Helena Miguélez-Carballeira, e de Stirling, Craig Patterson, que contan coa colaboración do profesorado lector de galego desas universidades e tamén coas achegas doutros profesores lectores e de responsables académicos. O
Consello Editorial da revista está integrado por académicos e académicas das tres universidades galegas e de dez universidades diferentes do Reino Unido, do resto de Europa e dos Estados Unidos.

Na actualidade, Galicia 21 mantén aberta a posibilidade de que as persoas interesadas remitan artigos e críticas para o número inaugural. Estes poderánselle remitir a calquera dos responsables da revista, Craig Patterson ([email protected]) ou Helena Miguélez-Carballeira ([email protected]).

A rede de centros de estudos galegos e lectorados promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ten un gran dinamismo e organiza múltiples actividades que superan o ámbito estritamente académico, co obxectivo de proxectar exteriormente a nosa lingua e a nosa cultura. Na actualidade, e grazas en boa parte ao traballo destes centros, o galego é obxecto de estudo e investigación en universidades de todo o mundo.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, 2007-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES