Notas de prensa

Creado un Foro de Debate sobre o Entroido

Tivo lugar nos locais do Ateneo Ourensán a constitución da Plataforma.

O sábado 24 de febreiro tivo lugar -nos locais do Ateneo ourensán- a constitución da Plataforma para o Estudio e Difusión do Entroido.

Esta Plataforma –que agrupa a persoas de Xinzo, Verín, Laza, Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño de Conso e Ourense- nace cos seguintes obxectivos:

- Interpretar, conservar e difundir os símbolos e ritos tradicionais presentes no ciclo festivo do Entroido.

- Favorecer o desenvolvimento da oferta cultural específica que permita a proxección dunha imaxe de calidade cultural.

- Deseñar e desenvolver estratexias e accións encamiñadas a garantir a sustentabilidade dos Entroidos tradicionais.

Para isto, desenvolverá –entre outras- actividades tais como a creación dun arquivo dixital e dun Centro de interpretación virtual; así como a celebración anual dunhas Xornadas divulgativas sobre o Entroido. Tamén se editarán distintos materiais que axuden ao coñecimento e á difusión do Entroido, tais como Exposicións, Publicacións e outros materiais dirixidos aos centros de ensino.

Por outra parte, poñerá-se ao dispor das distintas Administracións para a realización dos proxectos museísticos precisos para ocupar distintos espazos dentro das infraestruturas socio-culturais existentes no país.

A Plataforma para o Estudio e Difusión do Entroido, 2007-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES