Notas de prensa

Teatro de Ningures estrea a súa nova producción: Emigrados

A montaxe, ideada a partir de textos de Anxos Sumai, Cándido Pazó, Sonia Torre, Suso de Toro e Xosé Manuel Pazos aborda o drama individual e social da emigración.

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle os días 23 e 24 de febreiro a estrea de Emigrados, a última produción de Teatro de Ningures, na que a compañía de Cangas de Morrazo aborda desde distintas ópticas o fenómeno da emigración. Con dirección de escena e dramaturxia de Etelvino Vázquez, 7 actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar vida a cinco textos de escritores galegos actuais

Anxos Sumai, Cándido Pazó, Sonia Torre, Suso de Toro e Xosé Manuel Pazos asinan os textos orixinais utilizados por Teatro de Ningures na creación desta montaxe como un mosaico de pezas engarzadas. Nela, desde o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno e do desarraigamento, compónse un cadro xeral que permite apreciar nitidamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de exilio.

A interpretación corre a cargo de Casilda García, Sonia Rúa, Mónica Camaño, Pepa Barreiro, Santiago Cortegoso, Fran Paredes e Salvador del Río; en tanto que a escenografía está deseñada por Pablo Giráldez “Pastor” e o vestiario por Carlos Alonso. Anxo Graxa compuxo a música e Etelvino Vázquez fíxose cargo tamén da iluminación.

Emigrados constitúe unha oportunidade única para falar dun tema moi próximo, tratado desde a axilidade da linguaxe contemporánea e desde a ironía como vehículo de expresión e, sobre todo, desde a proximidade a todas aquelas persoas que viviron e sufriron nas súas carnes as consecuencias que supón o abandono forzado do que é propio.

As dúas funcións son ás 20:30 horas e as entradas están á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo. O prezo das localidades é de 10 €, cun desconto do 40% para estudantes, maiores de 65 anos e posuidores do carné xoven.

Gabinete de Comunicación do Igaem (Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia), 2007-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES