
O principal obxectivo desta obra, editada pola nosa Asociación, é
profundizar no coñecemento da traxectoria de Isaac nas súas
múltiples vertentes: artista, industrial, escritor e galeguista
comprometido con Galicia e a súa cultura dende os seus tempos de
adolescencia.
Consta de 260 páxinas e cerca de 100 ilustracións e
fotografías relativas a Isaac e a súa obra, e recolle as
intervencións dos participantes nas Mesas Redondas, do 9 e 23 de febreiro, na Fundación Caixa Galicia: Camilo Díaz, Manuel Aznar, Xosé Neira Vilas, Euloxio Ruibal, Fernando Salgado, Fermín Bouza e Andrés Varela,
As composicións que recitan o 2 de Marzo no Acto do Teatro
Jofre, os poetas: Eva Veiga, Xosé Leira, Jose Viale Moutinho e Rosa Méndez. Está prologado por Fuco Buxán, Conselleira de Cultura e Deportes e Presidente da Xunta de Galicia. A presentación oficial terá lugar na Cea-Homenaxe que se celebrará ó remate do Acto Central, o 2 de Marzo, entregándose un exemplar, como agasallo, a cadaún dos asistentes.
Asemade, na presentación a prensa, fíxose distribución do libro ós xornalistas presentes. A fin de acadar unha difusión o máis amplia posible, da personalidade e obra do homenaxeado, unha boa parte da edición irá destinada a Bibliotecas, Asociacións e Entidades onde poda estar a disposición de tódalas persoas interesadas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.