
O director xeral de Turismo, Rubén Lois, xunto a outras autoridades locais inaugurou hoxe en Essen (Alemaña) a feira especializada en campismo e autocaravaning Reise, o certame máis importante de Europa nesta modalidade turística, no que Galiza é o país convidado de honra nesta edición.
Entre o 21 e o 25 de febreiro, Turgalicia instala un stand de 100 metros cadrados para a promoción dos acampamentos turísticos galegos nesta feira co obxectivo de incentivar a ocupación destes establecementos turísticos de cara ao vindeiro verán.
Este ano, Galiza acude a esta feira internacional de xeito especial, xa que é a convidada de honra neste certame e como tal terá amplas oportunidades para promocionarse, nun mercado no que exsiten máis de 3.000.000 de potenciais campistas.
PROMOCIÓN INTENSIVA
A participación intensiva na feira Reise de Essen enmárcase dentro da estratexia de promoción deseñada o pasado outono pola Consellería de Innovación e Industria e os representantes do sector do campismo, logo de que estes establecementos turísticos fosen uns dos máis afectados pola vaga de incendios forestais do pasado verán.
Así, entre as medidas acadadas entre a Administración autonómica e as asociacións de propietarios de acampamentos turísticos, estaba a participación nesta feira, a máis importante de Europa neste sector, xunto a outras actividades de promoción ao longo do ano 2007.
Ademais, como accións complementarias de promoción dentro deste certame, Turgalicia organizou a finais do mes de xaneiro unha viaxe de familiarización a Galiza de xornalistas e axentes de viaxes especializados en autocaravaning e camping, no que poideron coñecer o destino turístico e as posibilidades que ofrecen os acampamentos turísticos galegos para o mercado do oeste de Alemaña.
Galiza dipón na actualidade de 111 establecementos de acampamentos de Turismo que ofrecen un total de 34.431 prazas e constitúen un dos elementos máis importantes da oferta turística galega, dado os seus emprazamentos e a calidade das súas instalacións.
DESTINO ATLÁNTICO
Na súa intervención durante a inauguración, Rubén Lois, referíuse a Galiza como un destino atlántico, fronte aos outros destinos estatais, caracterizados polo mediterranismo.
Rubén Lois destacou a condición de Galiza como destino atlántico peninsular do Estado español e resaltou o estilo de vida propio e as propostas turísticas orixinais que caracterizan ao noso país.
O director xeral comentou que Galiza é, ademais dun destino de sol e praia, con 1.300 quilómetros de costa, un destino de natureza e cultura. Segundo dixo Lois, o 20% dos turistas que visitan Galiza buscan precisamente os seus paraxes naturais e a súa riqueza cultural.
En canto ao sector do campismo, o director xeral de Tursimo, lembrou o especial emprazamento dos acampamentos galegos, situados ás veces en parques nacionais, como o das Illas Atlánticas de Galicia, ou no contorno de parques naturais, como o de Corrubedo. Trátase de establecementos de calidade e con múltiples presentacións nos que a natureza está sempre presente, afirmou Lois.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.