A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, fixo entrega á secretaria xeral da Consellería de Economía, Inmaculada Viña, das propostas relativas a este departamento, que se inclúen no V Plan para a Igualdade de Oportunidade entre Mulleres e Homes. Preténdese que cada departamento implicado na posta en marcha deste Plan valore as propostas e trasladen a as súas suxerencias, se ben, na elaboración deste plan xa se contou coa participación e coas aportacións de departamentos da Xunta que teñen que ver coa aplicación deste plan.
Nos vindeiros días a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, entregará as propostas do Plan referidas ás outras áreas do Goberno, como a de Sanidade, Cultura ou Industria, aos responsables dos departamentos correspondentes. Estas propostas enmárcanse nas catro liñas estratéxicas en torno ás que xira este plan, que son a participación e o empoderamento, o acceso á información e aos recursos, a formación en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres así como a abordaxe integral da violencia de xénero.
O V Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, que se leva elaborando de xeito consensuado dende o pasado mes de xuño, preséntase públicamente o vindeiro día 8 de marzo, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Mulleres.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.