
O primeiro número de Serendipia, a nova revista galega de cultura e comunicación, xa está en Internet. Co pulo editorial de Dardo ds, a publicación recolle no seu exemplar de presentación entrevistas a Cristina Saavedra, Yolanda Castaño e Manuel Vilariño ou Manuel Lozano, así como colaboracións de José Miguel A. Giráldez e Carmen Blanco.
Co deseño como unha das súas principais armas, a acollida dos lectores e o interese do sector privado para apoiar a revista están sendo moi satisfactorios.
Nos primeiros días de marzo chega ademais aos quioscos o número 2 de Serendipia, cun especial monográfico sobre a Cidade da Cultura vista dunha perspectiva arquitectónica, cultural e económica, á marxe doutros contidos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.