Notas de prensa

Xunta e Defensa analizan a posible construcción en Galicia da sexta fragata

Emilio Pérez Touriño e José Antonio Alonso avaliaron os proxectos que está a desenvolver Defensa na comunidade durante unha reunión en Pontevedra.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, analizou co ministro de Defensa, José Antonio Alonso, a posibilidade de que as instalacións de Navantia en Galicia sexan as encargadas da construción dunha sexta fragata.

Nunha reunión mantida en Pontevedra, ambos os dous mandatarios analizaron os proxectos que o Ministerio de Defensa está a desenvolver na Comunidade Autónoma.

No decurso da mesma, Pérez Touriño e Alonso avaliaron a oportunidade de que o Ministerio de Defensa acometa a construción dunha sexta fragata da serie 100. Ao respecto, o ministro ratificoulle ao presidente galego a positiva disposición do Goberno central a construír este novo buque e amosou as mellores expectativas sobre a posibilidade de que o encargo se traslade a Navantia Ferrol, o que xeraría unha carga de traballo semellante á da quinta fragata, arredor duns 500 empregos.

José Antonio Alonso salientou que actualmente o asteleiro galego está a participar na construción dun buque de proxección estratéxica, cun investimento de 360 millóns de euro se unha carga de traballo de máis de 480 persoas at ao ano 2008. Asemade, o ministro de Defensa fixo fincapé en que o asteleiro está a construír fragatas para flotas estranxeiras, principalmente para Noruega, ao tempo que subliñou que o Executivo central ten aprobado contratos de mantemento con Navantia para o período 2007-2010 por importe superior aos 80 millóns de euros.

Na reunión co presidente da Xunta, Alonso remarcou que existen investimentos previstos por importe superior aos 40 millóns de euros nos vindeiros dous anos para a adquisición de vehículos da fábrica galega Urovesa, que nos dous últimos exercicios achegou ao Exército un total de 171 vehículos Vamtac, 41 camións e 18 todoterreos.

Reunión na Moncloa

O máximo mandatario galego plantexoulle ao presidente do Goberno central esta posibilidade na entrevista de traballo que o 6 de febreiro mantiveron na Moncloa, algo que José Luis Rodríguez Zapatero se comprometeu a analizar. Naquela reunión, Pérez Touriño pechou con Zapatero a aposta por garantir un horizonte “de máxima prioridade, de carga de traballo” para os estaleiros públicos de Navantia en Ferrol e Fene , ao tempo que plantexou a posibilidade de construír a sexta fragata nos anos 2011-2012, cuestión recibida de xeito positivo polo presidente do Goberno central.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-02-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES