
O Constantino Bellón é unha plataforma creada polo Ateneo Ferrolán para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.
O Constantino Bellón é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.
O Constantino Bellón pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.
Ó chamarlle Constantino Bellón, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.
O Ateneo Ferrolán, quere expresa-lo seu agradecemento a aquelas entidades e institucións que participan coa súa colaboración e apoio económico; a viúva de Luís Seoane, pola súa autorización para a utilización do seu debuxo, como logotipo do concurso; e como non, a tódolos gaiteiros e persoas que veñen colaborando na elaboración e organización do concurso de gaita galega Constantino Bellón.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.