Notas de prensa

Fallo do XIV Certame de Poesía Infantil sobre o Nadal

Convocado pola Biblioteca Provincial de Lugo como aglutinadora de 24 bibliotecas municipais que participaron das distintas fases locais previas á fase provincial.

Na Biblioteca Provincial ven de reunirse o xurado da fase provincial do XIV CERTAME DE POESÍA INFANTIL SOBRE O NADAL, convocado por esta Institución, no que participan os traballos seleccionados nas respectivas fases locais convocadas por 24 Bibliotecas municipais da provincia de Lugo, e a mesma Biblioteca Provincial. Por unanimidade acordouse premiar os traballos dos seguintes autores:

Categoría A (Ata 8 anos)

NURIA GARCÍA SÁNCHEZ.7 anos. Biblioteca Provincial
DANIEL CANTO PRADO. 7 ANOS. Biblioteca de Vilalba
MARTA ALONSO ICOBALZETA.6 anos. Biblioteca de Ribadeo.
Accésits: ALICIA GARCÍA SÁNCHEZ.8 anos.Biblioteca Provincial
SERGIO RODRÍGUEZ SEOANE..8 anos.Biblioteca de Vilalba.
ÁNXELA JORGE VIDAL.7 anos. Biblioteca de Monforte.
JOSÉ GARCÍA RODRÍGUEZ.8 anos. Biblioteca de Foz.

Categoría B (9 a 11 anos)

ELENA LÓPEZ GONZÁLEZ. 11 anos. Biblioteca de Sarria
LAURA CASTRO MAIRA. 10 anos. Biblioteca Provincial.
BEATRIZ FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ. 10 anos. Biblioteca de Monforte.
Accesíts: PEDRO GONZÁLEZ VILLASANTE. 9 anos. Biblioteca provincial
FÁTIMA LÓPEZ-COTARELO CALAVERA.9 anos.Biblioteca de Ribadeo.
XOSÉ HERMIDA SALGADO. 10 anos.Biblioteca do Valadouro
PABLO PELÁEZ CAMPOS. 10 anos. Biblioteca de Lourenzá
JAIRO RAMOS COUSO.9 anos. Biblioteca do Valadouro

Categoría C (12 a 16 anos)

NOELIA MARTÍNEZ REY. 14 anos. Biblioteca Provincial
EDÉN GARCÍA VEIGA. 14 anos. Biblioteca de Ribadeo
ANTÍA FERNÁNDEZ GARCÍA. 13 anos. Biblioteca de Sarria.
Accésits: LUCÍA GARCÍA BOTANA. 13 anos. Biblioteca Provincial
PATRICIA DUARTE BELLÓN. 12 anos. Biblioteca Provincial
EVA GONZÁLEZ ÁLVAREZ. 12 anos. Biblioteca de Navia de Suarna
LAURA FERNÁNDEZ DORREGO. 12 anos. Bibliotca de Barreiros
LUCÍA BARRERA LÓPEZ. 14 Anos. Biblioteca de Burela.

Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos e lotes de publicacións. Os accésits, que se conceden en razón á cantidade e calidade dos traballos presentados, con diploma e lote de publicacións.

O xurado estivo formado por Xoán Xosé Molina Vázquez, Delegado Provincial de Cultura e Deporte, Presidente; Carmen Areán Vázquez, Inspectora de Educación; Consuelo Meiriño Sánchez, Directora da Biblioteca Provincial; Xavier Rodríguez Barrio, escritor, en representación da Deputación Provincial de Lugo (vocais) e Xulio Xiz, da Delegación de Cultura e Deporte (Secretario).

Xunta de Galicia, 2007-02-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES