
O 27 de xaneiro clausurouse a XXXV edición do Belén Electrónico de Begonte e das actividades do Nadal. O acto celebrouse ás 17,00 h., no salón do centro Cultural José Domínguez Guizán, e nel foron entregados os premios dos certames convocados polo Centro.
XVII CERTAME DE ARTE
Premio José Dominguez Guizán.- ALFREDO SEIXAS SAINZ
Mencións de honra.- FERNANDA FERNÁNDEZ SUÁREZ (Vigo) e LUCÍA GONZÁLEZ GÓMEZ (Lugo).
XXXI CERTAME DE XORNALISMO
Premio Begonte: FELIX VILLARES MOUTEIRA
2º premio.- PEPE POL (Montefurado)
XXXI CERTAME DE POESÍA
Premio Begonte.- ALFREDO MACÍAS MACÍAS (Huelva)
2º premio.- RAQUEL SUSANA CANULLI RUIZ (Condes-Friol)

XXXI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL
Ata 10 anos.- ADRIÁN VIZCAINO RODRÍGUEZ(Lourenzá), ADRIAN DASILVA BARROS (Lourenzá), LIDIA PAREDES VAZQUEZ (Begonte), CODÉS LILLO IRIMIA (Lourenzá), LUCÍA FREIRE (Monseivane-Vilalba), RODRIGO IRIMIA (Meira), CARLOS HENRIQUE BATISTA (Reinante) e IVAN GARALVA RODRÍGUEZ (Foz).
De 11 a 15 anos.- MARIA MASEDA VEIGA (Begonte), ELISABETH M. RAMUDO BASANTA (Monseivane-Vilalba), BEATRIZ VILLARES GARCÍA (Vilalba), NOELIA VÁZQUEZ CASTEDO (Lugo), LUCIA CARBALLEIRA GONZÁLEZ (Monseivane-Vilalba), LUIS A. FERNANDEZ SERANTES (Viveiro), CLARA ALONSO JIMÉNEZ (Lourenzá), LAURA MURILLO VÁZQUEZ (Viveiro).
O acto rematou coa actuación da POLIFÓNICA VILALBESA, dirixida por Uxío García Amor, cun recital de panxoliñas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.