Notas de prensa

Innovación presenta a oferta turística de Galicia nun stand de 1.200 metros en Fitur 2007

Participan como coexpositores os concellos de Lugo e Ferrol e varias entidades como Turismo de Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense.

A Consellería de Innovación e Industria, a través de Turgalicia-Dirección Xeral de Turismo, presenta un ano máis un stand institucional na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR 2007, que servirá de escaparate para a presentación da oferta turística de Galicia cara o ano 2007 aos operadores turísticos españois e estranxeiros, e no que estará presente toda a oferta, servizos e recursos turísticos galegos, entre os días 31 de xaneiro e 4 de febreiro.

Para esta edición de FITUR, Turgalicia deseñou un recinto promocional de 1.223 metros cadrados no que tamén estarán como coexpositores os concellos de Lugo e Ferrol; e as entidades Turismo de Santiago, Turismo da Coruña, Turismo de Vigo, Mariña luguesa, Comarca do Salnés, a Mancomunidade Arousa Norte, o Plan de dinamización turística da Costa da Morte, o Plan de dinamización turística Ferrol-Ortegal e o Padroado provincial de Turismo de Ourense.

Turismo atlántico

Este ano, Turgalicia promocionará dun xeito especial os valores turísticos que identifican e diferencian a oferta turística galega, agrupados baixo a denominación de Turismo Atlántico. Este novo concepto baséase no xeito de vida dos propios galegos, marcado pola fonda presenza do Océano e será o eixo fundamental da promoción turística galega para o no 2007.

No stand institucional galego terá tamén unha presenza especial a promoción dos contornos urbanos de Galicia, así como os centros históricos das cidades galegas como espazos turísticos senlleiros.

Ademais, Turgalicia fará un especial fincapé na promoción do Turismo de Saúde, as rías galegas, as zonas turísticas do interior e o Camiño de Santiago, a través de apartados diferenciados.

Imaxe de prestixio

En canto ao deseño do espazo de promoción do Turismo galego en FITUR 2007, preténdese transmitir unha imaxe de prestixio, cun estilo de vida que conta con personalidade propia.

A solución estética do stand baséase no concepto “escaparate”, baixo unha liña de vangarda, preciosista e de calidade, que pretende xerar un valor emocional da imaxe de Galicia entre os visitantes.

Nesta edición prímase o elemento humano cun alto enfoque publicitario por medio de grandes fotografías.

No marco da Feira Internacional do Turismo de Madrid, este ano o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinará o vindeiro xoves dous acordos de colaboración con Turespaña para a promoción conxunta dos catro territorios do norte da Península Ibérica, dentro da marca España Verde, e para a promoción conxunta do Camiño de Santiago cos territorios polos que atravesa esta ruta.

Ademais, o xoves, o director xeral de Tursimo e conselleiro delegado de Turgalicia, Rubén Lois, asinará un acordo coa vicepresidenta de Turespaña, Amparo Fernández, para o desenvolvemento conxunto dunha campaña de publicidade do Turismo galego nos mercados europeos.

Cita internacional

A Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, está consolidada como un mercado de referencia internacional para os distintos destinos e produtos turísticos, e supón unha inmellorable plataforma de promoción e comercialización turística.

Este ano, este certame turístico contará coa participación de máis de 800 expositores directos e espérase que se acheguen ata o recinto feiral máis de 100.000 persoas.

Actos no stand de Galicia:

Mércores, 31 de xaneiro:

16.00 horas.- PRESENTACIÓN RED DE JUDERÃAS DE ESPAÑA: CAMIÑOS SEFARAD: Organiza: Concello de Ribadavia e Red de Juderías de España. Na sala de actos do stand.

17.00 horas: PRESENTACIÓN “CIDADES SANTAS PATRIMONIO DA HUMANIDADE: XÉRUSALEM, ROMA E SANTIAGO”. Organiza: Turismo de Santiago. Lugar: sala de actos do stand.

18.00 horas: PRESENTACIÓN “O PLAN DE DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÃSTICO DE FERROL-ORTEGAL: LIÑAS DE TRABALLO”. Organiza PDT Ferrol-Ortegal. Lugar: Sala de actos do stand.

Xoves, 1 de xaneiro.

11.00 horas.- PRESENTACIÓN: “A CORUÑA, BALCÓN DO ATLÃNTICO”. Organiza Turismo da Coruña. Lugar: sala de actos do stand.

12.00 horas.- FIRMA CONVENIO PARA A CAMPAÑA DE PUBLICIDADE CONXUNTA ENTRE TURGALICIA E TURESPAÑA. Na sala de actos do stand.

FIRMA CONVENIO ENTRE A CONSELLERÃA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PARA PRÃCTICAS EN OFICINAS ESPAÑOLAS DE TURISMO NO EXTRANXEIRO. Na sala de actos do stand

13.00 horas.- PRESENTACIÓN “A COSTA DA MORTE, UN MAR DE VIDA ATLÃNTICA” Organiza PDT Costa da Morte. Lugar: sala de actos do stand.

17.00 horas.- PRESENTACIÓN:”AS COCIÑAS DO SALNÉS”. Organiza PDT O Salnés. Lugar: sala de actos do stan.

17.30 horas.- PRESENTACIÓN: “”O SALNÉS E A CABEZA DO DRAGÓN”. Organiza Mancomunidade de O Salnés. Lugar: sala de actos do stand.

18.00 horas.- PRESENTACIÓN: LIBRO-RECETARIO DE AMIGOS DA COCIÑA GALEGA e PRESENTACIÓN LIBRO “GALICIA NO PADAL”. Organizada por la DXT. Lugar: sala de actos do stand.

Venres, 2 de xaneiro

11.00 horas.- PRESENTACIÓN: “PAISAXES CULTURAIS DE OURENSE”. Organiza Padroado Provincial de Turismo de Ourense. Lugar: sala de actos.

12.00 horas. Chegada do Presidente da Xunta ao recinto feiral.

13.00 horas.- RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA AO SECTOR TURÃSTICO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Sala de actos do stand.

13.30 horas.- Aperitivo ofrecido aos asistentes do acto anterior. Bar do stand.

16.00 horas.- PRESENTACIÓN “DESTINO TURÃSTICO AROUSA NORTE” Organiza Mancomuniade Arousa Norte. Lugar: sala de actos do stand.

17.00 horas.- PRESENTACIÓN “TURISMO MARIÑEIRO E PESQUEIRO”. Organiza Turgalicia. Lugar: sala de actos do stand.

18.00 horas.- PRESENTACIÓN “DESCENSO INTERNACIONAL DE REMO DO RIBEIRO”. Organiza: AGAN. Lugar: sala de actos do stand.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES