Notas de prensa

Carta pastoral do Vicario Xeral da Diócese de Lugo: Ponte en camiño... eres misioneiro

Con motivo da celebración da Xornada da Infancia Misioneira.

“Ponte en camiño... eres misioneiro”. Asíreza o lema para a Xorna­da misioneira dos nenos deste ano 2007. Esa é a mensaxe que se nos que­re transmitir. Cando aínda resoan os ecos das mensaxes consumistas de Nadal e Reis, un pregúntase se estamos preparados para recibir outra men­saxe distinta ou oposta á deses días.

 A Xornada da Infancia Misioneira quere espertarnos desa tranquilida­de en que adormecemos pensando que a nosa vida non ten outro punto de referencia que nós mesmos.

Miramos máis alá das nosas fronteiras para sentirnos irmáns de tan­tos nenos de países de misión e ó mesmo tempo recordarlles ós nenos das nosas comunidades cristiás esta realidade.

Cando un escoita o testemuño dun misioneiro ou misioneira e nos conta realidade do mundo en que desenvolve a súa misión, espértanse en nós sentimentos de admiración para o seu labor e de esperanza polos froi­tos do seu traballo. Pero ó mesmo tempo ábrese ante nós a visión dun cam­po inmenso de desigualdade, de xustiza ede descoñecemento dos países e campos da misión. ¡Cántos nenos inxustamente tratados, famentos, maltra­tados, sen os dereitos máis elementais!.

Estamos ante unha Xornada dirixida ós nenos, pero son os pais e educadores os que teñen o compromiso dunha educación nunha liña de fraternidade universal ede apertura ós problemas de tantos irmáns. Can­do se dá esa educación, sí que os nenos sentirán tamén o compromi­so dunha preocupación polos demais, non limitando a súa vida a un círculo pechado arredor de si mesmos.

"Ponte en camiño...", díselle ós nenos nunha exhortación a non que­darse nas propias comodidades e sair ó encontro das necesidades dos de­mais. Pero, para iniciar este camiño eandalo con seguridade, os nenosne­cesitan unha man que os ampare e os guíe no seu camiñar. Esa man ensina­raos a renunciar a cousas para compartir a fe e a riqueza queeles teñen cos que están faltos delas; e a responsabilizalos na ta­refa de anunciar o Evanxeo ós nenos que non o coñecen.

A Diocese de Lugo recaudou o ano pasado, nesta campaña, 17.679 euros. Foron para paliar as enormes carencias que existen nos países de Terceiro Mundo Mundo e soster as diversas institucións encamiñadas a axudar ós nenos destes países máis necesitados.

No nome deles e dos misioneiros que entregan a súa vida a esta nobre causa, moitas grazas.

Gonzalo Fraga Vázquez (Vicario Xeral Diócese de Lugo), 2007-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES