
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) estrea o 24 de xaneiro, e coincidindo co patrón dos xornalistas, o seu novo portal en internet co obxectivo de mellorar a comunicación tanto cos seus colexiados como coa cidadanía.
A web consta dunha parte pública na que se publicarán noticias de interese relacionadas coa profesión e cos medios de comunicación, xunto cun espazo dedicado a dosieres onde se tratan de maneira ampla e especificada temas de relevancia para os xornalistas. Igualmente o portal incorpora un sistema de participación como son os foros e as enquisas. Como especial novidade cabe salientar a posta en marcha dunha intranet exclusiva para os colexiados para que, unha vez rexistrado o usuario, poida acceder ás comisións de traballo, grupos de discusión sectoriais ou xeográficos, colgar o seu curriculum vitae para posibles ofertas de traballo, enviar e recibir mensaxes privadas, consultar ofertas dos distintos servizos que ofrece o Colexio ou plantexar os casos na asesoría on-line.
O novo portal dedica ademais un site específico ó premio José Couso de Liberdade de Prensa, que acaba de ser convocado na súa terceira edición. Esta páxina dispón de información sobre o camarógrafo galego, ademais das bases do certame, artigos de opinión e novas relacionados co seu caso. Neste apartado se poderá presentar as candidaturas e realizar as votación cun sistema fiable que implica a autentificación dos usuarios.
Os usuarios que se rexistren recibirán o boletín semanal do CPXG, F5 Boletín da Comunicación de Galicia, que se envía os venres e que tamén renova o seu formato e ofrece ós colexiados a posibilidade de incluír novas exclusivas da intranet.
O portal renóvase así despois de levar seis anos presente en internet. Completa a súa información coa páxina do Observatorio Galego dos Medios (OM) que recentemente foi aberta e que se pode ver en www.observatoriodosmedios.org.
A web do CPXG pódese consultar nos enderezos: www.xornalistas.com, www.xornalistas.org e www.xornalistas.net.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.