Notas de prensa

Ao longo de 2006 reduciuso o paro da mocidade galega nun 14'5%

O número total de parados de 16 a 29 anos descendeu en 6.929 persoas, polo que se duplicou o obxectivo establecido no marco do Diálogo Social, onde se fixou alcanzar unha redución de 3.206 parados menos o pasado ano.

A Comunidade galega rexistrou no pasado ano un descenso porcentual do paro xuvenil do 14,5%, o que en termos absolutos supón unha redución de 6.929 parados mozos menos. à vista destes datos, a evolución do paro no colectivo de 16 a 29 anos en Galicia foi moi positiva, xa que se duplicou o obxectivo establecido en virtude do proceso de concertación social, onde se estableceu o reto de reducir o paro en 3.206 demandantes menos ao longo de 2006.

Segundo os datos da Consellería de Traballo, o exercizo de 2006 cerrouse cun total de 40.916 mozos parados, mentres que ao peche do ano anterior, Galicia rexistrou 47.844 desempregados. Cómpre destacar que do total de parados de 2006, as mozas representan o 60% fronte ao 40% que supón o colectivo masculino.

Os colectivos que presentan maiores dificultades á hora de acceder ao mercado de traballo son as mulleres, os maiores de 45 anos, os parados de longa duración, os discapacitados e os menores de 30 anos.

Conscientes da realidade laboral da mocidade e da necesidade de buscar medidas que revertan a súa situación, a Administración autonómica, a patronal e os sindicatos UGT-Galicia e CCOO de Galicia alcanzaron un acordo (o quinto) no proceso de Diálogo Social, onde se fixaron os Obxectivos e Medidas de Emprego de Galicia.

Nese marco fixouse como obxectivo para o ano 2009 reducir o paro xuvenil en 17.000 mozos en relación coa media de 2004. Deste xeito, para 2009 o paro rexistrado situarase en 27.000 desempregados menos. Ademais, tamén se estableceu incrementar a taxa de estabilidade en 19 puntos, ata chegar ao 60%.

Medidas acordadas

Para a consecución dos retos en materia laboral acordados no seo do Diálogo Social establécense a aplicación dunha serie de medidas activas de fomento do emprego e de prevención no mercado laboral dirixidas ao colectivo da mocidade. Deste xeito, estableceranse axudas á contratación indefinida de persoas mozas, fomentarase o emprego con apoio ou titorizado e itinerarios integrados de inserción personalizada.

Isto significa que os mozos desempregados mellorarán as súas posibilidades de acceso ao mercado de traballo mediante plans de acción individuais, adaptados as súas necesidades e características persoais, familiares e sociolaborais. Estas actividades deberán incluír como mínimo dúas accións, entre as que destacan a de orientación, formación, cualificación, reciclaxe e prácticas en empresas.

Outras das medidas son os programas combinados de formación e emprego, prácticas profesionais e programas de experiencia no ámbito privado, e os programas integrais de base local ou rural para a integración laboral das persoas mozas. Ademais, levaranse a cabo accións preventivas de intervención, de seguimento e titorización para mozos en situación de risco de exclusión social.

Tamén se desenvolverán actividades de formación para a capacitación en Técnicas de Información e Comunicación (TIC) e accións de información e asesoramento empresarial. A finalidade é fomentar a creación e consolidación de empresas, especialmente microempresas e PEME´s, prestando axuda especializada nos seus diversos ciclos, como son o desenvolvemento, consolidación e expansión.

A Mesa 1: Políticas de Emprego, saúde laboral e economía social constitúe o marco onde os axentes económicos e sociais implicados neste proceso de concertación social estipulan os obxectivos que se desenvolverán en materia de emprego na nosa Comunidade. Todos eles destacan que o emprego estable é o punto de partida para acadar un novo modelo produtivo baseado no coñecemento e na innovación. Consideran que o emprego estable é básico para mellorar a produtividade da nosa economía e, como consecuencia, o benestar e a cohesión da nosa sociedade.

Na actualidade, Galicia sitúase como a Comunidade Autónoma na que máis descendeu o paro no ano 2006. O peso de Galicia no paro estatal reduciuse nun 7% o pasado ano. à vista destes datos, a Xunta de Galicia cumpriu os obxectivos marcados en materia de emprego para o ano pasado.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2007-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES