
A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e representantes da Confraría de Lira mantiveron unha xuntanza na Consellería, na que tamén estivo presente o director xeral de Recursos Mariños, Francisco Fernández Cortés. O obxectivo deste encontro foi a presentación do informe da
memoria biolóxica da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos, a primeira área marítima protexida do litoral galego, na que están a traballar conxuntamente o departamento de Pesca e a Confraría de Lira.
O informe presentado polo pósito coruñés mostra unha fotografía do
estado actual da zona, que será de grande utilidade unha vez que o
proxecto bote a andar xa que permitirá calibrar con exactitude a
evolución dos recursos. De feito, unha das finalidades de Os Miñarzos
será acadar unha explotación sostible das especies que se atopan nesta
zona. Para isto, apostarase por establecer medidas de protección
específicas en áreas delimitadas a tal efecto, o que permitirá mellorar
as condicións de reprodución das especies de interese pesqueiro,
garantindo a súa expansión e desenvolvemento.
A Reserva Mariña Os Miñarzos, que se está gestando entre a Consellería
de Pesca e o pósito de Lira, segue a liña dos obxectivos definidos polo
Fondo Europeo da Pesca, tanto no que se refire a fomentar a protección do
medio ambiente e dos recursos naturais, como a promover o desenvolvemento
sostible e a mellora da calidade de vida nas zonas nas que se exercen
actividades de pesca.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.