Notas de prensa

A cineasta Mercedes Álvarez imparte un curso no CGAI

A realidade como relato (El cielo gira) é o título do curso no que se fala do proceso de creación deste filme.

Do 15 ao 19 de xaneiro o Centro Galego de Artes da Imaxe ofrece, dentro dos seminarios “Cero en conducta” o curso da cineasta Mercedes Álvarez “A REALIDADE COMO RELATO (EL CIELO GIRA)”, onde a coñecida documentalista fará un completo seguimento e estudo do proceso de creación da súa película El cielo gira (2004) ao longo de todas as súas fases:

-Preparación e escritura do proxecto, rodaxe, montaxe e posprodución.

-Análise das singularidades dun proxecto cinematográfico deste tipo, non convencional e de pegada documental, o modo en que interactúan as diferentes fases de creación, alteran a súa orde e implican diferentes formas de produción. Unha mostra de cómo a experiencia do cine é posible de moitas maneiras.

Datas: 15 a 19 de xaneiro.
Horario: 16.00-20.00 horas.
Lugar: Centro Galego de Artes da Imaxe. A Coruña.
Prazas: Limitadas (por orde de inscrición). Xa cubertas.
Prezo: 30 euros.

Mercedes Álvarez naceu en Aldealseñor (Soria) o 10 de novembro de 1964. Graduouse en Filosofía e Ciencias de la Educación na Universidad del País Vasco, e despois traballou como editora en Televisión Española. Decidida a dedicarse á realización de películas, en 1997 escribiu e dirixiu a cortometraxe en 35 milímetros El viento africano. Ingresa en 1998 no Master de Documental Creativo da Universidad Pompeu Fabra de Barcelona, onde remata traballando para José Luis Guerín na edición do documental En construcción (2000). Do mesmo Master xurde a iniciativa de filmar El cielo gira, a súa primeira longametraxe, galardoado nos festivais de Rotterdam, Cinema du Reél de París, Infinity de Alba e o Festival de Cine Independiente (BAFICI) de Buenos Aires.

Sinopse “EL CIELO GIRA”:

Situado en la región más despoblada de Europa –la provincia de Soria, donde más del 75% de la población es mayor de 75 años-, en el pueblo de Aldeaseñor quedan hoy 14 habitantes; el menor, de 48 años; la mayor, una anciana que nació en 1900. Son la última generación, después de una historia ininterrumpida de más de ocho siglos. Nada rectificará ya la caída del tiempo en este mundo replegado sobre sí mismo. Hoy, la vida continúa. Dentro de poco, se extinguirá sin estrépito y sin más testigos. Para el visitante, ese paisaje de páramos y encimares se conserva extrañamente intacto y virginal, sin huellas ni rastro del cambio de los tiempos. Este mundo forma parte de los intereses personales y artísticos de un pintor, Pello Azketa, 48 años, que va a llegar al pueblo acompañado de su mujer, con la intención de alquilar una casa y pasar allí una corta temporada.

Ficha (incluida na programación e folletos do CGAI):
EL CIELO GIRA
(España, 2004)
Dirección: Mercedes Álvarez. Guión: Mercedes Álvarez e Arturo Redín. Produción: José María Lara P.C. e Alokatu S.L. Fotografía: Alberto Rodríguez. Duración: 114 minutos.
Cheo de vestixios do pasado, unha vila de Soria, Aldeaseñor, extínguese. Só quedan catorce habitantes, todos pertencentes a unha última e definitiva xeración. Os traballos dos veciños e os do pintor Pello Azketa transcorren en paralelo: as cousas comezan a desaparecer diante deles. A última rapaza nada na vila, a directora Mercedes Álvarez, é testemuña desa silenciosa desaparición. Premiada en Rotterdam e no BAFICI de Buenos Aires, atopámonos ante unha das películas máis emotivas e sorprendentes do cinema contemporáneo.

O próximo curso de “Cero en conducta” é “Histore(s) du cinema” de Jean-Luc Godard, coa presenza como docente de Paulino Viota, analista da imaxe e director dos films Contactos (1970), Con uñas y dientes (1978) e Cuerpo a cuerpo (1982), que se celebra entre os días 26 de febreiro e 2 de marzo.

CGAI, 2007-01-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES