
O 29 de decembro de 2006 tivo lugar no edificio Liceo a presentación de Vizoño, libro de poemas do mozo de Abegondo Maxi Rei, licenciado en Historia, quen na actualidade está a residir en Dos Hermanas (Sevilla) por razóns de traballo.
No acto interviron Pilar Vázquez, presidenta de Eira Vella; Xesús Torres, coordenador da revista A Xanela, que edita esta entidade e na que o autor ven colaborando dende o seu inicio; Miro Villar, poeta e estudoso da literatura galega, rematando o acto o propio autor que recitou algúns poemas do libro.
O poemario está editado pola Asociación Cultural Eira Vella e reproduce na portada un gravado do artista betanceiro Jesús Núñez, director do CIEC.
Vizoño é un poemario autobiográfico, composto de vintetrés poemas, que quere rescatar a memoria da infancia, sentida como un tempo feliz, ao tempo que nos fala da desaparición e abandono do mundo rural.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.