Notas de prensa

Centro de Piragüismo de Pontillón

O Centro de Piragüismo de Pontillón estará rematado en maio de 2007. O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, acompañado polo alcalde de Pontevedra visitou as obras do edificio, que están moi avanzadas.

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, visitou as obras do centro de piragüismo de Pontillón de Castro, que acollerá no 2007 o Campionato de Europa de Augas Tranquilas. O desenvolvemento das mesmas está transcorrendo segundo o previsto a pesar das inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses.

Nas obras do edificio están traballando unha media de 42-50 traballadores diarios e se está facendo de forma intensiva (11 horas ao día, de luns a sábado). Desta forma, e a pesar de todos os problemas provocados polo tempo, estanse cumprindo os prazos de execución das obras, de forma que o Campionato de Europa de Augas Tranquilas poderase desenvolver sen ningún tipo de problemas.

Á visita asistiron, co director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, o alcalde da capital, Miguel Anxo Lores e o arquitecto responsábel do proxecto, José Ramón Garitaonaindía de Vera, quen foi o encargado de explicar o proxecto e como van as obras do complexo, que se atopan moi avanzadas.

O remate das obras está previsto para comezos do mes de maio e antes da celebración do Europeo, organizarase o Campionato de España de Piragüismo que aínda non ten data definitiva pero que “será un test importante de cara ao Europeo do próximo verán”.

Características técnicas. As edificacións do centro de piragüismo organízanse en tres módulos que acollen o programa. No primeiro módulo, cunha superficie total construída de 1.100 metros cadrados, inclúese a recepción do complexo, unha zona destinada a tenda, cafetería e aseos do público. Ademais, atópanse as oficinas das instalacións e o acceso á torre de control, no que tamén se situarán os medios de comunicación e os xuíces que deben seguir as probas.

No segundo módulo, colocarase o ximnasio, coas diferentes salas de actividades e espazos asociados (hangares para as embarcacións), mentres que no terceiro figuran os vestiarios dos deportistas, coas zonas de duchas e aseos. O custo total desta segunda fase é de algo máis de tres millóns de euros en total, se ben, ata agora xa se comprometeron máis de seis millóns de euros nesta instalación, que será o centro do piragüismo galego, segundo recoñeceu hoxe o director xeral para o Deporte. “Debe ser a instalación de referencia polo investimento realizado e ademais parece o complemento ideal para o Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES