Notas de prensa

A Asociación Teenses pola Igualdade convoca o 1º Premio de Poesía María Mariño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2007

Os poemas que se presenten han de ser orixinais e inéditos, de tema libre e cunha lonxitude máxima de 100 versos.

Neste concurso poder participar calquera persoa sen ningún tipo de limitación por cuestión de idade e/ou nacionalidade. Os traballos gañadores estarán dotados cun 1º premio de 1000 € e cun 2º premio de 500 € que serán entregados nunha cerimonia con data a sinalar dentro da Semana do Día das Letras Galegas 2007.
Teenses pola Igualdade foi a precursora diante da Real Academia Galega ao propoñer á escritora do Courel como merecente de recibir a máis alta homenaxe das Letras Galegas.

Fundamentos e razóns nas que baseamos a proposta:

1. Porque a principal tarefa da nosa Asociación atópase na busca permanente de ideas que contribúan a darlle aos seres humanos en xeral e as mulleres en particular, o lugar que merezan pola súa propia valía, sen restricción algunha nin por razón de sexo, crenza ou calquera outra consideración.

2. Porque a experiencia dinos que nun mundo tan competitivo coma o que nos toca vivir, todo aquelo que non se noema non existe. É por elo que consideramos como merecerte de todo honor e distinción a María Mariño Carou.

3. Porque sabemos que a nosa contemporánea María Mariño Carou, nada en Noia e morta no Courel no ano 1967, está na posesión de méritos dabondo coma para pasar a formar parte do máis alto galardón literario da nosa terra como é adicarrle o Día das Letras Galegas 2007.

4. Porque nos parece insuficiente o número de escritoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, xa que dos 43 galardonados tan só en dúas ocasións foron mulleres, Rosalía de Castro no 1963 e Francisca Herrera Garrido no 1987.

5. Porque sendo conscientes da inxente laboura que cada ano lles agrada aos membros desa Academia obrigad@s a escoller ao autor merecerte de ser galardonad@, animémonos a cooperar nese esforzo, convencid@s como estamos de que na persoa de María Mariño Carou atópanse méritos máis que suficientes para que a súa candidatura sexa tida en conta polos ilustres membros da citada Entidade.

6. Porque tamén o insigne escritor Ramón Otero Pedraio, atopou en María Mariño Carou méritos dabondo como para facer no ano 1963 un encendido prólogo ao seu poemario “Palabra no Tempo”.

7. Porque no recoñecemento cara a súa personalidade como poeta galega, recollemos as palabras que sobe ela pronuncia Uxío Novoneira: “En María Mariño Carou confírmase o mito da profundidá da alma galega. Angustia, Espranza Memoria, Nostalgia e Arelanza: todo o mundo do esprito. Unha poesía de son esencial, muitas voces no xeito da canción popular e sempre no estilo de Galicia que é o estilo da fala donde o misterio nos chega” (sic).

8. Porque ao dicir de Ramiro Fonte “María Mariño brilla con luz propia e o seu mundo lírico é un dos máis persoais entre os poetas galegos do seu tempo” (sic).

9. Porque consideramos un acto de xustiza cara esta muller que escribiu na nosa lingua, e cuia obra póstuma, Verba que comenza, non puido ser coñecida ata o ano 1990, cando o Concello de Noia onde naceu, procedeu a sufragar a súa póstuma edición.

10. FINALMENTE: Porque na figura desta muller están representadas todas aquelas persoas que, vindo de orixe humilde e case sen formación académica foron capaces, a base de vontade e esforzo persoal, de acadar niveis de formación só reservados aos seres extraordinarios.

Bases do 1º Premio de Poesía María Mariño

1º.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que o seu traballo veña escrito en galego.
2º.- Os poemas que se presenten terán que ser orinxinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e maila forma.
3º.- O Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun Primeiro Premio de 1.000 Euros e un Segundo Premio de 500 Euros.
4º.- Cada concursante participará cun só poema, que non deberá exceder dos CEN VERSOS e presentarase mecanografado a dobre espacio en formato DIN-A4, por unha soa cara e quintuplicado.
5º.- Os poemas deberanse presentar baixo lema, indicando “PARA O PRIMEIRO PREMIO DE “POESÃA MARIA MARIÑO”. En sobre aparte, pechado e lacrado que se acompañará ao traballo, deberá figurar o nome, apelidos, carnet de identidade, enderezo e teléfono da persoa autora do traballo, así coma un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder das 15 liñas.
6º.- O Xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galega coa asistencia dunha persoa con voz e sen voto encargada de levantar a acta, propostas pola directiva da Asociación, sendo o seu fallo inapelable. A composición do Xurado así como o nome dos galardonados darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Aos premiados comunicaráselles directamente. A entrega dos Premios terá lugar nun acto poético en día a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2007.
7º.- O Premio María Mariño de Poesía convocarase en decembro de cada ano. O prazo improrrogable de presentación rematará ás 12 horas do 15 de marzo do 2007. Os poemas remitiranse a Asociación Teenses Pola Igualdade/ Escola de Vilanova, 1º andar. Recesende 15895 TEO (A Coruña).
8º.- Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados no prazo de dous meses dende a entrega do Premio e destruiranse unha vez transcorrido o mesmo.
9º.- Os poemas premiados quedarán en poder da Asociación Teenses Pola Igualdade, que se reserva o dereito de publicalos cando o estime conveniente.
10º.- A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes

Bases. Tódalas incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva da Asociación ou polo Xurado cando este quede constituído.

Cabe destacar que o Primeiro Premio de Poesía María Mariño está patrocinado pola Librería Follas Novas de Santiago de Compostela.


Asociación Teenses pola Igualdade, 2006-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (mitec-42-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.
Foto de la tercera plana (musica-clasica.jpg) A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barítono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raíces galegas e españolas.

Notas

Afondar no papel que a evidencia científica pode e debe xogar nas decisións políticas e na implantacións de políticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Eloísa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha política funcione, aínda que non é unha garantía de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñería de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES