O ciclista cántabro Isidro Nozal está a punto de converterse nun novo corredor do Karpin Galicia. A fichaxe de Nozal é toda unha sorpresa, xa que o equipo galego dera por pechado o capítulo de fichaxes, pero ao xurdir esta posibilidade, nin Valeri Karpin ni Álvaro Pino quixeron deixar escapar a ocasión de fichar a un ciclista cun moi bo currículo profesional e decidiron facer un importante esforzo para mellorar o equipo.
Na súa carreira profesional destaca de forma especial a magnífica Vuelta a Espana 2003, na que estivo a punto de gañar, aínda que ao final tivo que conformarse co segundo posto tras Roberto Heras. Ademais tamén conta cunha vitoria de etapa no Tour de Francia.
Nozal estivo no Liberty Seguros e no Astana e foi compañeiro de Marcos Serrano, polo que non terá moitos problemas para aclimatarse ao seu novo equipo, no que comeza unha andadura moi ilusionante. O director técnico do Karpin Galicia, Álvaro Pino, explicou que é un corredor que está no seu mellor momento profesional polo que nos pode dar moitas alegrías. Ven a reforzar ao grupo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.