
O Consello Superior de Deportes celebrou en Santiago de Compostela unha xuntanza anual cos directores xerais de Deporte das comunidades autónomas. Foi unha sesión de traballo na que se presentou a proposta do Consejo Superior de Deportes acerca do Libro Blanco do Deporte Escolar.
O equipo de Jaime Lissavetzky abordou durante esta tarde as pautas polas que debe adaptarse o Deporte Escolar á realidade deportiva de cada Comunidade Autónoma. O Consejo Superior de Deportes organiza cada ano unha reunión cos directores xerais das distintas autonomías, e este ano Galiza, Santiago, foi a anfitrioa.
O presidente do CSD tamén presentou nesta xornada un borrador para regular o exercicio profesional da actividade físico-deportiva, sobre o que se traballará para poder implantar nun futuro un proxecto de lei.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.