
O Concerto Solidario organizado pola dirección xeral de Xuventude para homenaxear aos voluntarios e aos profesionais que traballaron, e aínda traballan, nos montes galegos, asolados pola vaga de lumes do pasado verán, ten lugar o 5 de decembro, ás 21,00 horas, no multiusos do Sar. O concerto, ao que se espera que asistan miles de persoas, inclúe a actuación do grupo galego Lamatumbá e a dos cataláns The Pinker Tones e os ingleses Asian dub Foundation.
Este concerto celébrase coincidindo co Día do Internacional do Voluntariado porque, segundo o director xeral de xuventude, Rubén Cela, pretende ser unha homenaxe aos máis de 6 mil voluntarios que chamaron ao teléfono en Defensa do Monte para colaborar nas labores de intendencia ou rexeneración de montes así como ás decenas de bombeiros e outros colectivos que prestaron a súa axuda desinteresada.
Intercaladas coas actuacións, proxectaranse, en grandes pantallas, imaxes dos voluntarios desempeñando distintas tarefas nos montes galegos. Haberá ademais stands con información sobre o teléfono en Defensa do Monte Galego que leva funcionando dende o 9 de agosto.
A entrada ao concerto, organizado pola dirección xeral de Xuventude en colaboración coa concellería de Cultura de Santiago, é totalmente gratuita. Ademais haberá autobuses cada vinte minutos dende a Praza Roxa para trasladar aos asistentes.
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, ten previsto asistir a concerto.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.