Notas de prensa

Francisco Varela gaña o Premio ao Mellor Artigo Xornalístico sobre o Sector Naval, convocado polo CPXG e o Colexio de Enxeñeiros Navais

O acto de entrega celébrase o venres, 1 de decembro, no Clube Financeiro de Vigo.

O xornalista Francisco Varela é o gañador da I edición do 'Premio ao mellor Artigo Xornalístico sobre o Sector Naval', convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e pola delegación en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos (COIN). O xurado escolleu por unanimidade o artigo 'Seguridade primeiro, logo traballar', que Varela publicou en La Voz de Galicia o 14 de maio de 2005. A entrega do premio celébrase o venres, 1 de decembro, no Clube Financeiro de Vigo, a partir das 19.00. O acto está presidido pola Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, María Elena Veiguela Martínez.

O xurado do premio escolleu como finalistas, ademais do artigo galardoado, os textos 'A Politécnica Superior deseña un sistema de estabilización de pesqueiros' (publicado en La Voz de Galicia o 9 de outubro de 2005), tamén de Francisco Varela; e 'Os estaleiros do mundo, saturados' ('Los astilleros del mundo, saturados', publicado no suplemento económico Euro, do Atlántico Diario, o 6 de agosto de 2006), de Ana Fuentes.

Francisco Varela foi escollido por unanimidade por un xurado nomeado polos dous colexios profesionais que convocaron o galardón. Foron membros Manuela Fraguela Seoane, Subdirectora de Promoción Industrial e Comercio Exterior; Xosé Manuel Vega Gómez, decano do CPXG; Antón Luaces Teixido, vice decano do CPXG; Guillermo Gefaell Chamochín, decano territorial do COIN; e Alfonso García Ascaso, vice decano territorial do COIN.

Este galardón é o primeiro froito de un convenio de colaboración asinado polo Colexio de Xornalistas e o de Enxeñeiros Navais aproveitando os aspectos de carácter social e público que comparten. O 'Premio ao mellor Artigo Xornalístico sobre o Sector Naval' conta cunha dotación económica de 2.000 euros e ten como intención recoñecer e difundir o traballo xornalístico que mellor analice o sector naval.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2006-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES