Notas de prensa

Xosé Luís Méndez Ferrín clausurou a XX Semana Galega de Filosofía. A Fundación Castelao entregoulle o seu diploma á Aula Castelao de Filosofía. O público desbordou o auditorio de Caixanova na maior parte das sesións

A XX Semana Galega de Filosofía chegou ao seu fin o venres día 25 cun acto de clausura no que a Aula Castelao leu as conclusións do congreso e fixo balance dos vinte anos de existencia. Antes, Xosé Luís Méndez Ferrín foi o encargado de presentar a lección de clausura nunha sesión na que o presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo fixolle entrega á Aula Castelao do seu diploma honorífico. Na última xornada do congreso participaron tamén o sociólogo James Petras e o catedrático de pensamento político, Xosé Luís Barreiro.

Tentabamos sublevarnos, non delegar a palabra, alzar as voces reprimidas e marxinadas. Des-definir a filosofía e re-ubicala, é dicir, situala no noso contexto que é un univeso concreto de vida. A par teriamos que asumir a tarefa de coñecer as tradicións e conflictos que hai en nós e desde eles liberarnos das asimetrías. Nin deixrnos asimilar, colonizar; nin sacralizar o propio como senon se desen contradiccións e conflictos internos. Finalmente queriamos sacar a filosofía da academia. Impregnala e confrontala coa realidade social da que falamos”. Así lembrou o membro da Aula Castelao de Filosofía, Ramón Regueira os obxectivos que levaron á súa creación hai vinte anos. Nas conclusións presentadas polos organizadores das Semanas Galegas de Filosofía fíxose balance das súas décadas de existencia, co carácter conmemorativo que tiña esta edición do congreso e, neste sentido, Regueira lembrou os máis de 400 intelectuais de todos os campos que foron convidados nestes vinte anos, as máis de 10 publicacións que saíron das xornadas ou as máis de 18.000 persoas que pasaron polas aulas das semanas. Pechábase unha Semana Galega de Filosofía na que a maior parte das sesións desbordaron o auditorio de Caixanova onde se celebraban.
Nunha edición especialmente apegada ás dúas catástrofes que conmocionaron nestes últimos meses á sociedade como foron o desastre do Prestige e a guerra de Irak, a avaliación da participación dos distintos intelectuais pasaba tamén por se referir a estes dous feitos. A desigualdade social como motor do pensar; a diferencia de xénero; o diálogo e respeto entre as culturas ue esixen ser escoitadas, respectadas e non colonizadas e a loita urxente contra unha forza bestial, que baixo a capa de intercomunicación, arranca, explota, anula a igualdade, foron as ideas forza que os participantes nos deixaron, dixo Ramón Regueira. Concluiron, en xeral, quea miseria real e mental, a pobreza e a ignorancia, son a realidade do noso tempo. Para eles unha nova filosofía ten que xurdir diante dunha inxustiza universal que esixe o noso descontenco e con el unha revolta, unha aposa, unha lóxica e unha universalidade diferentes. Temos que enfrontarnos, nunha aposta decidida, po runha nova universalidade, unha nova mundialización que xurda dunha lóxica distinta que ten na protesta, na contradicción e na rebelión fronte a ese mundo excluinte, o seu obxectivo. O interés pola solidariedade, a xustiza, a verdade, ten que ser ese horizonte que hoxe parece utópico, pero de nós depende convertilo en realidade, dixo o membro da Aula Castelao.
Falou Regueira tamén do compromiso, tema que convocou aos participantes desta edición. Ese compromiso significa, nen máis nen menos, que a recuperación do tribunal de víctimas que son, sucesivamente, Galicia como un todo e dentro dese todo aqueles que dun xeito ou doutro sufren asimetrías de traballo, xénero, información, educación, saúde… No intre no que nos atopamos son urxentes as chamadas a ver que unha patria, unha nación, sostense en realidades moi concretas como son a xustiza, a educación, a necesidade do público, a soberanía sobre o propio, a protección da natureza… Se esas realidades existisen, e non fosen só desexos, acontecementos como o do Prestige, o das vacas tolas, o do paro, a sanidade, o traballo, o da muller… terían outras solucións e afectaríannos doutro xeito, dixo.
Remataban as conclusións afirmando que renunciar a pensar é caer na cegueira que hoxe ten culpabeis claros: o imperialismo que se agocha baixo esa vaporosa verba que é a da globalización. Podemos dicir non. Non á exclusión, non ao monoculturalismo, non ao traballo porquería, non ao paro, non á fame, non ao autoodio, non á destrucción dos recursos da humanidade, non á negación da nosa lingua, non á ausencia do Estado cando se necesita. Si á igualdade, á solidaridade, ao pensamento transformador, dixo Ramón Regueira no fin do seu discurso.
Premio á Aula
Na mesma sesión, o presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo entregoulle á coordinadora da Aula Castelao de Filosofía, Carme Adán o diploma da entidade que preside, en recoñecemento polo seu traballo na difusión da figura do persoeiro que lle dá nome ás dúas entidades e tamén polo seu traballo a prol da cultura nestes últimos vinte anos. A coordinadora da Aula agradeceulle ao presidente da Fundación o ter valorado a historia da Aula e ofreceuse a colaborar e participar no futuro en proxectos conxuntos.
A lección de clausura, que nas Semanas de Filosofía teñen tamén carácter de homenaxe, correu a cargo do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. Espacios imaxinarios e realidade social na Literatura foi o título da súa intervención na que trazou unha visión panorámica do tema que ia desde a presencia dominante do mundo urbano na novelística realista galega ata a consideración de Ourense como capital da nosa narrativa. Falou Ferrín do Far West como espacio imaxinario imperialista e da súa utilización simbólica polo equipo ideolóxico de Bush e outorgoulle unha especial dedicación ao espacio imaxinario artúrico e a súa aparición na literatura galega, antes de 1963 co celtismo e o atlantisnmo e a súa reconstitución despois do que chamou encontro histórico do nacionalismo e o marxismo. Escritor de recoñecida traxectoria con obras como O crepúsculo e as formigas, Con pólvora e magnolias, Retorno a Tagen Ata, Arraianos, Estirpe ou No ventre o silencio, Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é director da revista A trabe de ouro e conta cunha dilatada vida de acción política no nacionalismo.
Pechou o cilco de tarde titulado Galicia: realidade e proxecto, o catedrático de Pensamento Galego na Facultade de Filosofía de Santiago, Xosé Luís Barreiro Barreiro, autor dunha ampla obra filósofica entre a que se encontran títulos como Indalecio Armesto- filósofo, republicano, masón; Pensar en Galicia. Identidade na diferencia ou Martín Sarmiento na Ilustración. Para Xosé Luís Barreiro a filosofía non é unha actividade exenta, senón unha actividade inmersa no espacio e no tempo; un producto histórico. Non hai filosofía (universal) abstracta, senón filosofías concretas, porque todo filosofar parte do concreto. É preciso conxugar –dixo Barreiro- para o caso que nos ocupa e nunha ampla dimensiónhistórico-dialéctica integradora, as diversas proposicións ue fan referencia a Galiza: de Galiza, en canto á ascendencia ou procedencia galega; en Galiza, en canto ubicación xeográfico-espacial dunha actividade reflexiva universal que, como tal, non ten patria nin fronteiras; sobre Galiza, en canto obxecto específico de consideración nun dobre momento: o descubrimento –e propostas de solucións utópicas- dos problemas de Galiza por parte do pensadores ilustrados (o que amosa o seu compromiso coa realidade social do seu tempo), e a consideraciónd e Galiza como problema, a partir do romanticismo-historicista, con tendencias e opcións diversas no abano galeguista en nacionalista; e para Galiza, en clave de futuro, como proxecto, en canto compromiso e como factor non só alumeador, senón tamén de cambio da súa realidade histórica, a nivel económico, socio-cultural, educativo e mesmo político.
O imperialismo según James Petras
O debate sobre a situación de Cuba e as posibilidades dunha próxima invasión estivo presente en varias das sesións do congreso e o sociólogo James Petras convertiuno no centro da súa intervención. Petras afirmou que a provocación por parte dos EEUU é constante e cada vez máis ntensa dentro de Cuba e que debemos diferenciar entre disidentes (que, por suposto, el acepta, segundo dixo) e mercenarios americanos. O sociólogo afirmou que hai que ser amigos de Cuba en tempos de guerra porque a invasión é unha realidade inminente. Fronte aos académicos que tachaban de anacrónicos aos que seguían a falar de imperialismo, intelectuais como Petras ou como Chomsky demostran que na actualidade hai un rearme da esencia do imperialismo que ten o seu laboratorio máis próximo en Latinoamérica. O recurso dos EEUU á militarización nos últimos tempos (Kosovo, Irak) é explicada polo declive experimentado nos anos noventa e causado polo fotalecemento dos gobernos de Irak e Arxelia. Aínda así, Petras pensa que os ianquis foron gañando batallas pero non á guerra porque existe unha resistencia continua.

Aula Castelao de Filosofía, 2003-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES