Notas de prensa

FTA-UGT anuncia folga no sector de matadoiros de aves e coellos, que en Galicia conta con preto de 1.000 traballadores, para os días 4, 5 e 7 de decembro

En Galicia veranse afectadas empresas como o Grupo Coren, Sada ou Doux. UGT denuncia o inmobilismo da patronal e a súa posición retrógrada na negociación dun convenio colectivo digno e xusto.

Dende a Federación galega de Traballadores Agroalimentarios (FTA-UGT) anúnciase folga no sector de matadoiros de aves e coellos para os días 4, 5 e 7 de decembro. Convocatoria á que están chamados en Galicia 1.000 traballadores do sector, en todo o Estado uns 25.000, e que paralizará a produción de preto de 20 empresas.

A intransixencia da patronal do sector, o seu inmobilismo e posición retrógrada á hora de negociar o convenio colectivo do sector contrasta, a xuízo de FTA-UGT, coa intervención sindical que pretendeu ser conciliadora, prudente e xenerosa, insistindo na busca dun punto de encontro.

INCREMENTOS RETRIBUTIVOS, ELIMINAR CERTAS FORMAS DE DISCRIMINACIÓN SALARIAL CARA AS MULLERES E UNHA POSTURA UNITARIA AO REDOR DAS COOPERATIVAS E EMPRESAS DE SERVIZO SON ALGUNHAS DAS DEMANDAS

Na plataforma reivindicativa, elaborada conxuntamente con CC.OO. que tamén participa na convocatoria de folga, mantéñense como demandas irrenunciables un aumento salarial que garanta e incremente do poder adquisitivo dos traballadores; un acordo que reduza as diferenzas salariais entre a categoría de auxiliar de zona e axudante, esta última ocupada no 80 por cento dos casos por mulleres, o que as está a discriminar salarialmente; a busca dunha solución ás diferenzas retributivas entre as empresas do sector, xa que unhas dispoñen de sistemas de produtividade medidos e retribuídos e outras non; e chegar a un acordo para poñer enriba da mesa unha postura unitaria ao redor do uso no sector de cooperativas de traballo asociado e empresas de servizos.

O obxectivo de UGT é a paralización de todas as empresas do sector, entre as que destacan grupos tan significativos e de tanto peso no tecido produtivo galego como Coren, o Grupo Sada ou Doux.

UGT, 2006-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES