
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou na rolda de prensa posterior ao Consello os acordos acadados hoxe en referencia á política sanitaria. Neste sentido, destacou a aprobación do decreto de modificación da homologación sanitaria de receitas oficiais para a prestación farmacéutica. Este novo regulamento, que segundo explicou o xefe do Executivo autonómico, é un avance no que será no seu día a receita electrónica permitirá mellorar a prestación da asistencia sanitaria, dar facilidade no acceso á asistencia e, por outra parte, eliminar trabas democráticas.
Tal e como argumentou o máximo mandatario da Xunta, a partir de agora establécese que, para aqueles enfermos sometidos a tratamentos de longa duración e crónicos e polo tanto necesitados dun tratamento, o facultativo médico teña a capacidade de estender ás receitas para un máximo de tres meses nun só acto. Deste xeito, destacou Touriño, estase evitando que o paciente dependente dese tratamento teña que ir ao médico cada vez que necesita esa receita.
No eido sanitario, destacou tamén o presidente galego o investimento dun millón de euros que a Xunta vai realizar, a través da Consellería de Sanidade e a Secretaría Xeral de Emigración, para garantir a prestación sanitaria e farmacolóxica entre a cidadanía galega residente en Venezuela nos casos de falta de cobertura real da asistencia sanitaria ou farmacolóxica. Esta axuda enmárcase no convenio de colaboración dentro da Fundación España-Saúde e trátase de achegas que se realizarán este ano e no que vén. Tamén se recollen axudas para instalacións sanitarias.
O presidente da Xunta lembrou que no caso de Venezuela danse diferenzas con respecto á estrutura existente nos países arxentino e uruguaio. Pérez Touriño explicou que, no pais venezolano estanse a dar algúns problemas cunha parte da poboación galega alí radicada. Por iso, subliñou, desde a Xunta estanse a desenvolver actuacións que permitan que os residentes galegos en Venezuela teñan garantida a cobertura xa sexa no eido sanitario como no farmacolóxico.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.