Analizar a repercusión e os cambios que Internet e as novas tecnoloxías dixitais están a provocar no mundo da cultura é o obxectivo da xornada Cara a unha cultura 2.0. Xornada sobre novas tecnoloxías e creación cultural que organizan a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega e o Club Internacional de Prensa da Secretaría xeral de Comunicación da Xunta de Galicia en colaboración co Observatorio da Cibersociedade. A xornada desenvólvese o martes 28 de novembro de 2006, ás 19:00, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega. A xornada é unha das actividades presenciais que se realizan en diferentes cidades do mundo enmarcadas dentro do congreso virtual Coñecemento Aberto. Sociedade Libre que organiza o Observatorio da Cibersociedade entre novembro e decembro. As outras cidades son Madrid, Barcelona e México D.F.
Internet e a tecnoloxía dixital están provocando importantes cambios na concepción e na produción da cultura: produtos que se difunden ao mesmo tempo que se crean, tecnoloxías que se unen e evolucionan en función do novo contido, proxectos que se escriben de xeito colectivo entre creadores anónimos ou separados entre si. Neste novo contorno, o código fonte e o software estanse a converter nunha parte máis do produto cultural e novas voces e axentes culturais novos xorden directamente desde a propia Internet sen ter en conta as tradicionais redes de visibilidade da cultura. Parafraseando á xa coñecida acepción de "web 2.0", coa que se coñece a fase actual na que se atopan moitos dos produtos de Internet, o título da xornada busca sinalar tamén que a cultura tamén está influído por estes cambios.
Un programa de expertos
A inauguración da xornada corre a cargo de Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, e Fernando Salgado, Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia. De seguido organízase unha mesa redonda titulada Cultura 2.0 en Galicia na que tres expertos en software libre, sociedade da información e creación cultural falan sobre os cambios que Internet e o software libre crean na nosa forma de facer cultura. Roberto Brenlla, economista e presidente de AGNIX, Juan Freire, profesor da Universidade da Coruña, experto en Sociedade da Información e autor dun coñecido blog sobre a sociedade e o coñecemento abertos (nomada.blogs.com). Horacio González é membro do equipo de escoitar.org, un innovador proxecto que publica en Internet paisaxes sonoras de Galicia enviadas polos usuarios.
A continuación, ás 20:00 h., ofrécese unha conferencia do enxeñeiro brasileiro Marcelo dElia Branco sobre Sociedade da Información e Cultura. Branco é un dos máis recoñecidos expertos internacionais en software libre e coñecemento aberto. Marcelo D'Elia Branco, reflexiona sobre os cambios que o software libre trae ao novo escenario da Sociedade da Información. O conferenciante é consultor de tecnoloxía para a Sociedade da Información, traballando para a Generalitat de Catalunya. É articulador do Proxecto Software Libre Brasil. Foi Consultor do Presidente brasileiro Lula da Silva para a articulación da Sociedade Civil nos temas da Sociedade da Información.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.