Cun investimento de 34.408, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte vai restaurar catro cruceiros e un peto de ánimas da provincia de Lugo, antes de que remate o presente ano.
Estes elementos patrimoniais, que sufriron danos en accidente ou desgastes ó longo do tempo, son:
Cruceiros:
Saavedra (Begonte). Reconstrución. Custo: 5.568
Castelo (Taboada). Restauración. 5.800
Amoexa (Antas de Ulla). Reconstrución. 10.440
Ludrio (Castro de Rei). Cruz de Sumedo. Reconstrución. 4.640
Peto de ánimas:
Trasar de Carballo (Carballedo). Restauración. 6.960 .
Os traballos están xa sendo efectuados pola empresa especializada Tau Restauración, de Santiago de Compostela.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.