
Comezou no Pazo de Congresos de Santiago o II Congreso Ibérico de Xestores do Deporte no que se debaten as pautas das distintas realidades de xestión económica que se rexistran en toda a Península Ibérica.
No acto de presentación participaron, ademais da Conselleira Ánxela Bugallo, o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo; o concelleiro de Deportes, Manuel Portas; Gastao Sousa (pte. de APOGESD: Asociación de Xestores Deportivos de Portugal) e Antonio Pérez Hernández, presidente da FAGD (Federación de Asociación de Gestores Deportivos, España).
Durante a súa intervención, a conselleira destacou a necesidade de fortalecer aos profesionais que traballan na xestión do deporte galego, que agora bate marcas mundiais, e destacou que esa é unha das ambicións polas que traballa a Consellería de Cultura e Deporte. Tamén afirmou que agardo que as conclusións que se tiren deste congreso sirvab para o desenvolvemento de futuras políticas deportivas.
Por parte doa Asociación de Xestores Desportivos de Portugal, o seu representante, Gastao Sousa, dixo confiar en que este congreso sirva para establecer un contacto máis próximo, compartir experiencias, aprender dos colegas e ampliar os lazos de unión entre España e Portugal.
Pola súa banda, Antonio Pérez destacou que é un orgullo que o primeiro congreso ibérico que se celebra en España teña lugar en Galicia. Estamos facendo historia na xestión no deporte. A próxima década será moi importante para a xestión do deporte. Estou convencido de que dentro de 5 ou 10 anos poderemos lembrar a reflexión que faremos estes días sobre a xestión deportiva.
O director xeral para o Deporte interven cun relatorio enmarcado na área de O deporte como elemento educativo.
Toda a información do Congreso pode atoparse na web www.deportegalego.eu
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.